Amosando publicacións coa etiqueta día sindrome de down. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día sindrome de down. Amosar todas as publicacións

venres, 21 de marzo de 2025

CONMEMORAMOS O DÍA DO SÍNDROME DE DOWN



Hoxe é un día moi especial!! O 21 de marzo conmemórase o día do Sindrome de Down!
No noso cole unímonos á iniciativa de levar calcetíns diferentes para celebrar que todos somos diferentes!

Toda a semana as nenas e os nenos da aula de 4 e 5 anos estivemos traballando e aprendendo un montón sobre o Síndrome de Down! Aquí tedes un vídeo que fixemos con moito agarimo e ilusión para que entendades de maneira sinxela que é o Síndrome de Down

xoves, 21 de marzo de 2024

DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

 Hoxe é o Día Mundia do Síndrome de Down, no cole de Castrelo, unímonos á iniciativa de lucir calcetíns diferentes para apoiar así a diversidade.



Pero na clase de 3 e 4 anos, fomos máis alá, temos a sorte de compartir clase con Leo, o rei dos cromosomas!! Hoxe aprendemos un poquiño máis sobre este tema, vimos o seguinte vídeo, e entendemos mellor a Leo

Agora sabemos que o Síndrome de Down non é unha enfermidade e tamén porqué Leo, como moitos outros nenos, ten Síndrome de Down. Xa sabemos algo máis dos cromosomas, porque vimos o seguinte cromocuento


Ademáis aprendemos a facer parellas con cromosomas (lacasitos) e no par 21, colocamos 3 en lugar de 2!


Pintamos calcetíns diferentes para decorar a nosa porta!


E fixemos unhas medallas de campións para celebrar que TODOS SOMOS ÚNICOS E FELIZMENTE DIFERENTES!!