Hoxe é o Día Mundia do Síndrome de Down, no cole de Castrelo, unímonos á iniciativa de lucir calcetíns diferentes para apoiar así a diversidade.
Pero na clase de 3 e 4 anos, fomos máis alá, temos a sorte de compartir clase con Leo, o rei dos cromosomas!! Hoxe aprendemos un poquiño máis sobre este tema, vimos o seguinte vídeo, e entendemos mellor a Leo
Agora sabemos que o Síndrome de Down non é unha enfermidade e tamén porqué Leo, como moitos outros nenos, ten Síndrome de Down. Xa sabemos algo máis dos cromosomas, porque vimos o seguinte cromocuento
Ademáis aprendemos a facer parellas con cromosomas (lacasitos) e no par 21, colocamos 3 en lugar de 2!
Pintamos calcetíns diferentes para decorar a nosa porta!
Ningún comentario:
Publicar un comentario