O día 2 de abril é o Día Mundial da concienciación sobre o Autismo!
No noso cole, celébramolo de diversas maneiras.
Por unha banda, trouxemos todos e todas unha prenda azul, porque é a cor do Autismo.
No cole, vimos un vídeo no que un neno con autismo lles explica aos demais como se sinte. Podedes velo aqui!
Tamén fixemos pulseiras cada un de nós e, entre todo o centro, unímonos e traballamos en equipo para formar un infinito (símbolo do Autismo)!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario