Hoxe os nenos e nenas de infantil tivemos a sorte de poder contar con Vicente, o papá de Vera, que nos explicou en que consiste o traballo dun apicultor e un montón de curiosidades sobre as abellas. Así completamos as nosas aprendizaxes sobre as profesións e os animais que estamos traballando en cada clase.
Ademáis de ensinarnos un montón de cousas, puidemos achegarnos un pouco ao traballo dos apicultores: probamos a xelea real, o pole e o mel, quitamos a cera do panal, centrifugamos para que saira o mel, fixemos velas coa cera das abellas, coamos o mel e metémolo en pequenos botes que levamos para que proben na casa.
Foi unha experiencia inesquecible para todos nós! Moitas grazas Vicente pola túa paciencia e agarimo!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario