venres, 23 de marzo de 2018

PROXECTO DE EQUIPO

Deixamos tamén un resumo do que vivimos os últimos días e do que compartimos cos nosos compañeiros. Aprendemos moito dos amigos.

COCIÑAMOS POR UNHA BOA CAUSA!!

Os nosos compis de 5º e 6º de primaria vanse de excursión e para colaborar económicamente con eles, os venres, que é o día de merenda libre no cole, van vender merendas por 1 euro, hoxe era o primeiro día e os nen@s de infantil quixemos axudarlles. Durante a mañá fixemos un taller de cociña de sandwiches de pascua, que logo venderon e co que xa fixeron a súa primeira recaudación. Agradecemos aos papás de infantil a súa colaboración ao mercar os ingredientes e animámosvos a tod@s a seguir participando!!

DÍA DA ÁRBORE

Hoxe todo o cole participou na plantación dunha árbore!A partir de hoxe estamos encargados do coidado do novo salgueiro.

xoves, 22 de marzo de 2018

CONTACONTOS OBRADOIRO MANCOMUNIDADE

Hoxe visitáronnos os traballadores do obradoiro da Mancomunidade para contarnos o conto "A ratiña presumida" con títeres. Despois de ver o conto pintamos a ratiña presumida. Aquí podedes ver o ben que o pasamos

luns, 19 de marzo de 2018

FELIZ DÍA DO PAI!!

Hoxe celebramos o día do pai e felicitamos a todos os Josés, Josefas,Pepes,Pepas,Pepitas... pero sobre todo a eles: os nosos papás, esas persoas tan importantes na vida de cada neno, por iso nós, os nenos de infantil, levamos unha semana traballando con moita ilusión nos seus regaliños, este ano experimentamos con plástico máxico, todo un descubrimento para nós.. e fixemos uns chaveiros coas nosas pegadas
Logo completamos o regalo personalizando unhas tarxetas de felicitación e unhas bolsas, segundo cada nivel, no seguinte video podedes ver todos os detalles (premendo debaixo en DÍA DO PAI 2018.) Agardamos que vos gustara moito PAPÁS!!

venres, 16 de marzo de 2018

EXCURSIÓN A OURENSE

Hoxe fomos de excursión a Ourense, xunto co resto do cole, para os nenos de tres anos era a súa primeira saída fora da comarca e sen dúbida desfrutárono moito. Fomos ao auditorio a ver a obra de títeres: "Garbancito en la barriga del buey", despois comemos no centro comercial. Pasámolo moi ben e portámonos xenial!! Aquí vos deixamos un pequeno resumo do noso día, para velo premede no enlace EXCURSIÓN OURENSE que aparece debaixo do recadro

mércores, 14 de marzo de 2018

PEQUENOS MATEMÁTICOS

Temos un novo recuncho na clase de 4 e 5 anos! o Recuncho das Mates! Nel temos un montón de actividades diferentes coas que aprendemos divertíndonos! Deixamos un pequeno vídeo para que o vexades!

xoves, 8 de marzo de 2018

DÍA DA MULLER

Os nen@s de infantil, levamos toda a semana facendo actividades para conmemorar o Dia da Muller e hoxe para rematar da mellor forma posible, fixemos estes agasallos para as nosas mulleres preferidas, esas mulleres tan importantes sen as cales non poderíamos existir... Agardamos que vos gustara mamás!!

mércores, 7 de marzo de 2018

PREPARANDO O 8 DE MARZO

Mañá é día 8 de marzo e celébrase o Día Internacional da Muller, no noso cole levamos toda a semana conmemorando esta data con diferentes actividades adaptadas a cada nivel, hoxe os máis peques do cole, os nenos de tres anos, fixeron este mural no que retrataron ás mulleres máis importantes da súa vida: as súas MAMÁS...seguramente teñan retratos moito máis bonitos, pero seguro que ningún está feito con tanto amor e admiración...


luns, 5 de marzo de 2018

XORNADA DE PORTAS ABERTAS!!

Hoxe foi un día moi especial, pola mañá visitáronnos os novos alumnos que van vir para o ano ao cole: ensinámoslle o noso cole, os nenos de 5º e 6º contaron o noso conto preferido: "O monstruo de cores", decoramos un monstruo, comemos lacasitos de cores...e divertímonos moito!!

C.E.I..P CASTRELO DO VAL CASTRELO DO VAL de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

OBRADOIRO SOBRE A IGUALDADE

Despois dunha mañá especial coa xornada de portas abertas, pola tarde e para comezar coas actividades desta semana sobre o día da muller, que celebraremos o vindeiro 8 de marzo,participamos nun obradoiro do concello sobre a igualdade. Contáronnos o conto de Rosa Caramelo, despois fixemos uns elefantes moi bonitos... Foi un día moi diferente e moi completo!!

venres, 2 de marzo de 2018

APRENDEMOS A ACTUAR ANTE UNHA EMERXENCIA...

Onte aprendemos a actuar ante unha emerxencia grazas aos amigos de Protección Civil que viñeron a ensinarnos. Aprendemos e divertímonos moito! deixamos fotiños para que o vexades..


Tamén cantamos a "Canción da Reanimación", deixamos o enlace por si queredes cantala na casa tamén! https://www.youtube.com/watch?v=56PrvOfEqHQ

xoves, 1 de marzo de 2018

OS NOSOS VERMES

Os nenos de tres anos xa sabemos escribir o noso nome e os dos nosos compañeiros,hoxe estivemos comparando os nosos nomes,vendo que letras tiñan e contando as letras para ver cales eran máis longos e cales máis curtos...Despois fixemos estes vermes e sen dúbida o de Valentina era o máis longooo!! Mirade que bonitos nos quedaron!

gusanos con nombre by Slidely Photo Gallery

XORNADA DE PORTAS ABERTAS


O vindeiro luns, día 5 marzo, ás 11:00 teremos a xornada de portas abertas para os novos alumnos que inician o curso en setembro. Vide  a coñecer o noso cole e pasar con nós un intre divertido!!



Onte foi un día moi especial para nós! Os nenos disfrutamos un montón coa neve!