Hoxe celébrase o día mundial da diabetes, aos pequenos de Castrelo esa palabra soábanos moi rara, pero hoxe a nosa amiga Xiana explicounos, cun conto, de qué se trata. Agora xa entendemos por que Xiana anda sempre co móbil colgado e come un chisquiño diferente a nós. Ademáis explicounos a diferencia entre diabetes tipo I e tipo II e descubrimos que ten un sensor máxico no seu brazo que a avisa cando se vai atopar mal.
Grazas Xiana, fixéchelo xenial!! Eres unha campioa!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario