venres, 27 de febreiro de 2026

GRAZAS PROFE INÉS!


Hoxe foi un día de moitas emocións no cole de Castrelo, despois de pasar uns meses con nós, hoxe despedimos á profe Inés. 
Inés foi unha profe moi especial, porque ela tamén foi no seu día unha pequena de Castrelo, coma nós, e volveu ao cole convertida nunha SUPER PROFE, durante estes meses viviu con nós momentos moi especiais, implicouse en todas as nosas vivencias e participou activamente en todas e cada unha das nosas aventuras.
Hoxe , non queríamos que marchara, pero despedímola sabendo que volverá sempre porque este foi e será sempre o seu cole.
GRAZAS PROFE INÉS!!




SAD

ZXZXC

Ningún comentario:

Publicar un comentario