sábado, 4 de abril de 2020

ESTA SEMANA SANTA QUEDAMOS DE VACACIÓNS

Para comezar as vacacións propómosvos un recurso moi interesante da editorial SM.
Viaxar en familia dende a nosa casa ata México, Xapón, Australia, Francia, Grecia, Exipto ou Inglaterra. É cuestión de organizarse para poder ir a todos!! Feliz viaxe!!
Ademáis se compartides fotos das vosas viaxes destes días podedes gañar un premio!
Aquí vos deixamos toda a información

venres, 3 de abril de 2020

CHEGA A PASCUA!!

Case sen darnos conta chega a Pascua, por estas datas no cole temos costume de facer algunha manualidade e deixala na ventana porque o coelliño de Pascua sempre pasa polas clases  a deixarnos algún oviño de chocolate. 
Como nas vosas casas non faltan os tubos de papel hixiénico, ocurríusenos que esta vez o coelliño podiades facelo con esa base, logo decoradeo como máis vos guste, tedes exemplos nas fotos da imaxe.
Desta vez vai pasar polas vosas casas, cun permiso especial e sen achegarse demasiado. Non sei se chegarán os ovos...pero se facedes a manualidade e a deixades na ventana seguro que algunha lambetada vos deixa dentro. 
GRAZAS PAPIS E MAMIS  POLA VOSA COLABORACIÓN !!

xoves, 2 de abril de 2020

"MOLINILLOS" PARA CONMEMORAR O DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

Hoxe, día 2 de abril, conmemórase o día mundial do autismo. Dende o cole queremos compartir esta preciosa iniciativa. Animámosvos a poñervos mans á obra para que eses "molinillos" xiren nos vosos balcóns!

mércores, 1 de abril de 2020

A MOVERSE QUE XA É XOVES!!

Hoxe é xoves, non vos esquezades de por  a roupa e as zapatillas de deporte para  facer esta divertida sesión que vos deixamos. Ánimo chic@s que xa queda menos!!

PASTA DE SAL

Hoxe propómosvos facer PASTA DE SAL. 
É moi sinxelo, soamente tedes que mesturar os ingredientes e amasar. Cando a teñamos feita 
podemos porlle color con colorante alimentario ou simplemente traballar con ela ao natural. Esta masa se a gardamos herméticamente sen que lle dea o aire podemos utilizala a modo de plastilina, pero tamén podemos facer distintos obxectos coma colgantes, letras, figuras e deixalos secar ao aire ou fornealos e logo pintalos con pintura líquida. Déixovos un vídeo por se vos resulta útil



martes, 31 de marzo de 2020

BOTE DA CALMA E PRACTICAMOS MATES!!

Hoxe propómosvos unha manualidade moi útil: un bote/botella da calma, que vai servirnos para que estes días @s nos@s pequenos se relaxen.
Tomade nota do que precisamos (se non o temos na casa, botámoslle imaxinación e substituímos por outras cousas).

Mirade o vídeo para ver o proceso


Ademáis para completar o día deixámosvos un enlace moi interesante para practicar a COMPETENCIA MATEMÁTICA(tedes actividades para contar,clasificar, agrupar,series,sumas, restas...adaptados por niveis)
https://es.ixl.com/math/infantil

luns, 30 de marzo de 2020

ACTIVIDADES INTERACTIVAS SM


Hoxe deixámosvos unha gran variedade de actividades interactivas,contos clásicos,contos animados e lectoescritura que a editorial SM pon á vosa disposición.