Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
xoves, 11 de febreiro de 2021
RECORDANDO DESFILE INFANTIL!!
Hoxe sería un dos días máis axitados , gratificantes e divertidos do curso, hoxe sería o día do desfile infantil de entroido. No cole de Castrelo somos moi entroideir@s e sempre participamos no desfile polas rúas de Verín. Hoxe queremos recordar o ben que o pasamos e o guap@s que lucimos nos últimos anos. Estamos contando xa os días e dándolle voltas ao disfraz do vindeiro entroido, de momento mirade canto traballo, canta ilusión e canta ledicia... VIVA O NOSO ENTROIDO!!
mércores, 10 de febreiro de 2021
martes, 9 de febreiro de 2021
PARABÉNS MARCO E IZAN!!
Hoxe Marco e Izan cumpren 4 aniños!! E queremos desexarlle moitísimas felicidades neste día tan especial: PARABÉNS MARCO E IZAN!!
luns, 8 de febreiro de 2021
SEMANA DE ENTROIDO: LUNS CON BATA DE CASA!!
@s pequen@s de Castrelo temos moitas ganas de entroido!! Por eso hoxe e cumprindo as mandas de Amanda, tod@s puxemos a bata de casa, mirade que guap@s estamos!
venres, 5 de febreiro de 2021
GORROS DE INVERNO!!
@s pequen@s de Castrelo, levamos unhas semanas traballando o inverno, unha das actividades que fixemos a semana pasada foi decorar gorros de inverno coas nosas familias. Mirade que bonitos nos quedaron!!





