No cole de Castrelo somos moi entroideiros, despois do desfile do xoves en Verín, o venres repetimos polas rúas de Castrelo xunto coa casa niño de Pepín e acompañados coa música de Candaira. Despois do desfile, os nenos do cole de Castrelo e os pequechos da Casa Niño comemos e xogamos no parque do Terrón, foi unha xornada divertida e seguro que repetiremos máis actividades xuntos. Moitísimas grazas ao Concello de Castrelo, a Ramón e ás mulleres de Candaira por acompañarnos.
Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
sábado, 18 de febreiro de 2023
xoves, 16 de febreiro de 2023
DESFILE ENTROIDO VERÍN 2023
E mañá repetimos por Castrelo!! VIVA O ENTROIDO!!
mércores, 15 de febreiro de 2023
SEMANA DE ENTROIDO: MÉRCORES, ALGO ENTROIDEIRO NA CABEZA!!
Hoxe rematamos as mandas de Amanda así de guap@s!
Recordade que mañá desfilaremos por Verín e tamén iremos moi moi guap@s!!
martes, 14 de febreiro de 2023
SEMANA DE ENTROIDO: MARTES ALGO ENTROIDEIRO NO TRONCO!!
Hoxe seguimos sumando: aos pés entroideiros de onte sumámoslle o tronco e así de entroideiros viñemos @s nen@s de infantil!
luns, 13 de febreiro de 2023
SEMANA DE ENTROIDO!! LUNS: ALGO ENTROIDEIRO NO PÉS
Xa levamos moito tempo traballando e disfrutando o entroido, pero hoxe, comezamos a semana grande!!
E seguindo as mandas de Amanda, que moito manda, hoxe viñemos con algo entroideiro nos pés
Mirade que guap@s!!
xoves, 9 de febreiro de 2023
VIVAN OS COMPADRES E AS COMADRES !!
Hoxe celebramos o xoves de compadres! As nenas pintaron os compadres e os nenos sairon detrás delas para romperllos. E como o vindeiro xoves imos de desfile tamén sacamos xa a correr ás comadres que pintaron os nenos para que as nenas llas romperan. Foi unha tarde de carreiras moi divertida na que comezamos a vivir o entroido!!












