mércores, 8 de marzo de 2023

8 M

 

Hoxe conmemoramos o 8M, facendo colgadoiros para as portas, que nos queadron así de bonitos e recortando bolboretas para o mural que fixemos xunto co resto do cole.



martes, 7 de marzo de 2023

AMENDOADOS DE ALLARIZ!!


Esta semana é moi especial na clase de 5 anos, xa que é a última na que a profe Eva vai a estar con nós; estamos un pouco tristes, pero imos aproveitala a tope!! 

Como a profe Eva é de Allariz, hoxe ensinounos a prepar uns doces típicos da súa vila: amendoados!! Pasámolo moi ben e quedáronnos moi ricos! GRAZAS PROFE EVA




venres, 3 de marzo de 2023

DÍA DE ROSALÍA

 O pasado día 23 de febreiro celebrouse o día de Rosalía de Castro. Aínda que ese mesmo día non nos foi posible festexalo, non deixamos de conmemorar unha data tan importante. Hoxe pola tarde, reunímonos con todo o cole para festexar o día de Rosalía. Os nenos de 5º contáronnos algúns detalles da súa vida e obra e os de 6º recitáronnos uns poemas. 





Logo todos xuntos cantamos o rap de Rosalía que nos ensinou o profe Julián nas clases de música.



mércores, 1 de marzo de 2023

xoves, 23 de febreiro de 2023

MUSICAL "EL FESTIVAL DE BREMEN"

Hoxe volvemos ao traballo despois dunha semana de entroido e no cole de Castrelo decidimos que non hai mellor maneira de volver que facendo teatring!! Hoxe fomos ata ao auditorio de Verín a ver o musical "El Festival de Bremen". 

 

PARABÉNS CIBRÁN!!

 Hoxe volvemos ao cole despois dunha semana de entroido. Na clase de 5 anos fixémolo de xeito moi especial, pois ademáis de ir a ver un musical ao audirorio co resto do cole,  festexamos cunha rica merenda que Cibrán cumpre 6 aniños. Moitísimas grazas pola merenda e MOITAS FELICIDADES CIBRÁN!!