xoves, 4 de maio de 2023

PARABÉNS ZELTIA!!

 Hoxe toca festa na clase de 5 anos!! Zeltia cumpre 6 anos e invitounos a merendar. Moitísimas grazas!!

FELICIDADES ZELTIA!!


xoves, 27 de abril de 2023

PRESENTAMOS O PROXECTO DA CASIÑA!!

Os nenos de 3 e 4  anos rematamos o proxecto da casiña e como actividade final fomos á clase de 5 anos a contarlle aos nosos amigos maiores todo o que aprendemos, ademáis levámoslle unha das casiñas que fixemos de agasallo para que podan xogar con ela. Aprendemos moito e pasámolo xenial!!





martes, 25 de abril de 2023

CHEGARON OS PEIXIÑOS!!

 Na clase de 5 anos estamos traballando no proxecto do Planeta Azul, aprendemos cada día moitas cousas que nos encantan:  xa sabemos porque ao noso planeta lle chaman planeta azul, aprendemos o ciclo da auga, os tipos de auga que hai no planeta, a necesidade da auga para os seres vivos, a importancia de conservar ríos e mares.... e un montón de cousas coas que estamos moi motivados. Levamos uns días preparando o acuario e hoxe por fin chegaron os nosos peixiños!! Temos 4!! Agora toca porlle nome...



venres, 21 de abril de 2023

SEMANA DO LIBRO

 Mañá é o día do libro, no cole de Castrelo conmemoramos esta data durante toda esta semana. A actividade escollida este ano foron os  "apadriñamentos lectores", durante esta semana cada un dos pequen@s de Castrelo tivemos un padriño ou madriña de lectura, que tiña a misión de elexir un conto adaptado á nosa idade e contárnolo durante a semana. Foi unha actividade moi enriquecedora para todos!! 
















venres, 31 de marzo de 2023

FESTEXANDO A PASCUA!!

Hoxe foi un día especial para todos, pero na clase de 5 anos, como xa somos maiores, pudemos escoller como festexalo:

Pedimos que Easter Bunny nos deixara ovos de Pascua e e deixóunolos


Pedimos merenda con algo de chocolate, e tocounos algo de nocilla blanca, pero combinámola con froita!
E pedimos cine con palomitas e a profe cumpliunos todas as peticións porque nos esforzamos moito durante este trimeste!!



FELIZ PASCUA!!





xoves, 30 de marzo de 2023

ESPERANDO A EASTER BUNNY...

 

Na clase de 5 anos xa temos todo preparado para recibir a Easter Bunny!! Agardamos que mañá cando cheguemos teñamos un oviño dentro de cada coelliño...

martes, 28 de marzo de 2023

PARABÉNS JOSE!!

Na clase de 5 anos hoxe houbo celebración, Jose cumpriu anos!! Xa é dos maiores de infantil!! Para festexalo convidounos a unhas chuches! PARABÉNS JOSE!!