Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
xoves, 30 de xaneiro de 2020
PARABÉNS SIMÓN GÁMEZ!!
Con algúns días de retraso, hoxe festexamos os 4 anos de Simón Gámez, aínda que mereceu o tempo a espera, xa que os seus papás convidáronnos a unha riquísima tarta, como era tan graaande compartímola con todo o cole na hora do xantar. Moitas grazas!!
xoves, 9 de xaneiro de 2020
PARABÉNS SOFÍA PIÑEIRO!!
AÍNDA QUE O CUMPLE DE SOFÍA XA FOI DURANTE AS VACACIÓNS DE NADAL, HOXE FIXEMOS UN OCO NA AULA PARA FELICITALA DE NOVO E FACERLLE O NOSO AGASALLO DE CLASE! MOITOS PARABÉNS!!
mércores, 8 de xaneiro de 2020
venres, 20 de decembro de 2019
REGALOS DE PAPÁ NOEL E CHOCOLATADA!!
xoves, 19 de decembro de 2019
GALLETAS DE NADAL!!
Hoxe foi un día moi inteeeensooo...
Pola mañá actuamos no auditorio... e como as profes estaban tan atareadas non tiveron tempo nin de sacarnos unha foto, pero xa sabemos que nos fostes ver e agardamos que vos gustara a nosa actuación.
Pola tarde, despois da comida navideña, aproveitamos para facer un taller de galletas de nadal todos xuntos no comedor...
Pasámolo xenial e merendamos unhas ricas galletas!!
mércores, 11 de decembro de 2019
POSTAIS NADAL 4 E 5 ANOS
Onte xa vos ensinamos as postais da clase de 3 anos, hoxe presentámosvos as de 4 e 5 anos. Mirade que bonitas lles queadron!!
martes, 10 de decembro de 2019
POSTAIS DE NADAL DA CLASE DE 3 ANOS
Deixámosvos un vídeo coas postais feitas polas familias de 3 anos. Este ano as postais de Nadal feitas polas familias de todo o cole entregarémolas nunha residencia de maiores, seguro que lles encantan!!
Mirade que bonitas son!
Moitas grazas a todas as familias pola vosa participación!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


























