xoves, 25 de febreiro de 2021

FACEMOS CARROT CAKE!!

 Hoxe @s pequen@s de Castrelo fixemos Carrot Cake!! 


No conto da unidade, a  familia de Curtis celebraba o cumple de mamá coa súa torta preferida: a torta de cenoria!! Como nós nunca probaramos a torta de cenoria fixemos unha!! 
Aprendemos moito, divertímonos e foi un día xenial!! Mirade o seguinte vídeo.





mércores, 24 de febreiro de 2021

CONMEMORAMOS O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO!!

Hoxe conmemoramos o día de Rosalía, pintamos a Rosalía dun xeito moi especial e escoitando os seus poemas con música, mirade que concentrados e que ben traballamos!!


Xa levamos varios días aprendendo algunhas cousas sobre esta poetisa tan importante, como este ano non podemos xuntarnos, traballamos nas diferentes aulas, pero logo grazas ás novas tecnoloxías, podemos vernos tod@s!! Deixámosvos o vídeo coas preguntas e repostas sobre Rosalía

martes, 23 de febreiro de 2021

PARABÉNS CIBRÁN!!


Hoxe Cibrán cumpriu 4 anos!! E quixo festexalo convidándonos a merendar, pasámolo xenial! Moitas grazas por compartir este día con nós!!







xoves, 18 de febreiro de 2021

POR FIN FESTEXAMOS O CUMPLE DE IZAN E MARCO!!

Hoxe foi un día moi especial para @s pequenos da aula de 3 anos, despois de moito tempo esperando, por fin chegou o día de festexar o cumple de Izan e Marco. Cumpriron 4 aniños xa fai uns días pero non puidemos festexalo ata hoxe.... mereceu a pena a espera!

Invitáronnos a unha merenda moi rica!!

E regaláronnos  unhas capas e antifaces da Patrulla Canina coas que o pasamos xenial!!

Moitísimas grazas á súa familia por compartir con nós esta celebración!




sábado, 13 de febreiro de 2021

CELEBRANDO O ENTROIDO E SAN VALENTÍN

 

Este ano non íamos deixar aos pequen@s sen entroido... aínda que dunha forma moi diferente e respectando todas as medidas de seguridade, tiveron o seu desfile e o seu disfrace. aproveitando para celebrar San Valentín disfrazámonos de corazón e repasamos as iniciais dos nosos nomes. Foi un día con moito amor e moita diversón.
Tivemos merenda acorde coa celebración

Falamos sobre o amor e preparamos un regalo para as persoas que máis queremos.

                    E ademáis levamos de premio, as máscaras do entroido que nos deu o Concello de Verín


Podedes ver como disfrutamos do día no seguinte vídeo:



KIZOA-Movie-Maker-sl7858qt from ceipcastrelodoval on Vimeo.

xoves, 11 de febreiro de 2021

O CIGARRÓN!!


Hoxe estivemos aprendendo moitas cousas sobre o cigarrón: os nomes de cada unha das partes, contamos as chocas e vimos como poden soar, ao principio dábanos un pouco de medo o ruido e tamén a careta pero logo disfrutamos moito e pasámolo xenial!!










SEMANA DE ENTROIDO: XOVES, TODO XUNTO!!

E seguimos.... hoxe acumulamos o de toda a semana  e así de entroideir@s viñemos ao cole!!