mércores, 26 de novembro de 2025

XOGAMOS COA MESA DE LUZ!




  A infantil chegou un novo recurso que nos ten fascinados: a mesa de luz! Non nos puidemos resistir e comezamos xa a usala aproveitando para traballar as letras que estamos aprendendo (i e u minúscula os de 4 e A, E, O e U maiúscula os de 3)!




martes, 25 de novembro de 2025

25 N

Hoxe, no cole, conmemoramos o 25 N, nas clases de infantil vimos e reflexionamos sobre os contos: "Arturo y Clementina" e "Tejona y Tejón". Despois,  sobre unha peza de puzle, escrimos palabras que acordamos entre todos: querernos ben, axudar, mimo, bico, abrazo e amor.

Pola tarde xuntámonos co resto de clases do cole para unir as pezas do noso puzzle e escoitar as palabras que nos leron dúas compañeiras de sexto de primaria.



PARABÉNS ENZO LÓPEZ!!

 


Hoxe tivemos de aniversario a Enzo López!! Que cumpliu 4 anos e tróuxonos unha tarta de donuts!! Mil grazas!

luns, 24 de novembro de 2025

TERCEIRA SEMANA DO PROXECTO DOS TRANSPORTES!

 


As nenas e os nenos de 3 e 4 anos seguimos co proxecto dos transportes... cunha semana máis chea de aventuras e aprendizaxes... damos comezo á derradeira semana!!



Visítanos un camión de bombeiros!

 


Hoxe o alumnado de infantil tivemos unha charla súper interesante!! Os bombeiros viñeron a explicarnos como fan para apagar os lumes e puidemos experimentar como é o seu traballo moi de cerca!! Grazas familias por esta oportunidade!! Encantounos!!




venres, 21 de novembro de 2025

MAGOSTO NA CLASE DE 3 E 4!


 

Estes días na clase de 3 e 4 estivemos traballando sobre unha festividade que nos encanta: o Magosto!! Así que aproveitamos as castañas para aprender un montón...




FOMOS DE MAGOSTO!!

Hoxe por fin fixo sol e puidemos festexar o magosto no parque do Terrón!! Pasámolo xenial!


xoves, 20 de novembro de 2025

TRABALLAMOS CON DOC

 

Na clase de 4 e 5 anos estamos traballando sobre os inventos. Aínda que aprendemos a valorar inventos de fai moitos anos como o teléfono, a electricidade... os que máis nos chaman a atención son os relacionados coas novas tecnoloxías. Estes días traballamos un pouco de robótica con DOC, un dos robots que temos no centro. Os maiores xa o empregamos o ano pasado e este ano perfeccionamos a nosa programación.



mércores, 19 de novembro de 2025

AGARADANDO O MAGOSTO!!


A semana pasada non puidemos festexar o magosto polo mal tempo pero parece que este venres por fin  iremos ao parque do Terrón. Nós xa temos todo preparado. Levamos un par de semanas aproveitando o tema do magosto e as castañas para traballar na aula...



luns, 17 de novembro de 2025

venres, 14 de novembro de 2025

Segunda semana do proxecto dos transportes!

 



Na clase de 3 e 4 seguimos moi entusiasmados co proxecto dos transportes! Aquí podedes ver un pequeno resumo de todo o que fixemos esta semana!




xoves, 13 de novembro de 2025

CONTACONTOS CON UXÍA MORÁN!


 

Hoxe o alumnado de infantil do cole de Castrelo tivemos a sorte de contar con Uxía Morán: unha contacontos que nos viu teatralizar dous contos centrados na igualdade (Guapa e Maruxa)!!

Que risas botamos!!

 
 
Esta actividade está financiada a través das axudas concedidas á ANPA do noso centro pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Igualdade, cos fondos finalistas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. 

mércores, 12 de novembro de 2025

FACEMOS AVIÓNS E HELICÓPTEROS COA FURGOTECA


Esta mañá visitounos a Furgoteca, hoxe non baixamos nós a ver os libros que traía, recibimos a súa visita  na  clase e ensinounos a facer avións e helicópteros con papel e comprobamos o ben que voaban!! 



venres, 7 de novembro de 2025

COÑECEMOS COMO É POR DENTRO UN COCHE DA GUARDIA CIVIL!

No cole de Castrelo somos moi afortunados! Dentro do proxecto dos transportes do alumnado de 3 e 4 anos, hoxe tivemos unha visita duns guardias civís moi xenerosos! 

Os alumnos/as de infantil e de 1º de Primaria puidemos ver como é un coche da Guardia Civil, os que quixemos montámonos nel, puxemos as sirenas, falamos polo altavoz, usamos os diferentes instrumentos... Pasámolo súper ben!

Moitas grazas familias pola vosa colaboración!




Primeira semana do proxecto dos transportes!

 


Na aula de 3 e 4 anos estamos moi ilusionados/as co novo proxecto: os medios de transporte! O alumnado esta semana estivo compartindo cos seus compañeiros/as os seus transportes favoritos e aproveitamos para traballar un montón de contidos: mates, lectoescritura, arte... rematamos a semana cunha sorpresa moi especial, atentos/as á seguinte publicación do blog!!