Despois volvemos ao cole para festexalo cun delicioso chocolate con churros!
Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
sábado, 20 de decembro de 2025
FELICES FESTAS!!
xoves, 18 de decembro de 2025
RECEITA DE NADAL!
Este Nadal as nenas e os nenos de Castrelo estivemos facendo unha nova receita en equipo: un arboliño moi moi rico! Como o desfrutamos!
mércores, 17 de decembro de 2025
COS NOSOS MELLORES DESEXOS
PARABÉNS ÁFRICA!!
Hoxe África cumpliu 3 anos xa!! Tróuxonos un biscoito e unhas galletas navideñas que estaban boísimas!!
Moitas grazas!!
venres, 12 de decembro de 2025
PARABÉNS PAULA!!
Hoxe, na clase de 4 e 5 estamos de celebración, agora todos os maiores xa temos 5 anos!!
PARABÉNS PAULA!!
xoves, 11 de decembro de 2025
POSTAIS DE NADAL!
As nenas e os nenos de Infantil, xunto coa colaboración das súas familias, realizaron unhas fermosísimas postais de Nadal para enviarlle á Asociación contra o Cancro, e así mandar unha chea de agarimos aos que máis o precisan!
Moitas grazas familias pola vosa participación!
mércores, 3 de decembro de 2025
3 DE DECEMBRO
Hoxe, 3 de decembro, é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, polo que todo o cole estivemos a profudizar sobre que é a discapacidade e como todos somos capaces e bos en algún aspecto da nosa vida, e como hai outras cousas que nos son un pouco complicadas e nos costan máis...
Por eso, entre todos os nenos e nenas de cada clase de infantil fixemos un dominó, onde puxemos os nosos puntos fortes e débiles... e vimos quen nos pode botar unha man e a quen podemos axudar nós, facendo un súper equipo!!
martes, 2 de decembro de 2025
PASEAMOS POLO PARQUE GÜELL
Na clase de 4 e 5 anos seguimos cos inventos, onte estivemos investigando sobre un que nos chamou moito a atención: as gafas de relidade virtual, grazas a elas tivemos a oportunidade de pasear por o Parque Güell de Barcelona e mirar con detalle o dragón de Gaudí sobre o que estivemos traballando neste trimestre.
luns, 1 de decembro de 2025
REMATAMOS O PROXECO DOS TRANSPORTES!





.jpg)








