Amosando publicacións coa etiqueta van gogh. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta van gogh. Amosar todas as publicacións

xoves, 5 de novembro de 2026

SOMOS ARTISTAS!!

 

Na clase de 3 e 4 anos estamos feitos uns verdadeiros artistas. Fai semanas que nos fixamos no cadro da habitación de Van Gogh e como somos moi curiosos quixemos coñecer cousas sobre o famoso pintor holandés. Chamounos a atención que se mirara nun espello para facer os seus famosos autorretratos e quixemos imitalo, porque se algo nos gusta é mirarnos no espello. Somos guapos e sabémolo!! Traballamos a cara e as súas partes, a autoestima e arte... porque ademáis de guapos somos artistas! Mirade os nosos autorretratos... quizais dentro de moitos anos sexan tan valiosos como os de Van Gogh!