COMADRES by Slidely Photo Gallery
E así de guapos marchamos cos nosos antifacesNeste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
mércores, 7 de febreiro de 2018
DÍA COMPLETO E SÚPER ENTROIDEIRO!!
Hoxe foi un día moi completo, que imos resumir moi brevemente en imaxes...
Así de guapos estabamos con algo na cabeza, algo no pescozo e os mandilóns ou demáis prendas do revés
Pola tarde fixemos as comadres, xa que mañá despois do desfile non voltamos ao cole....
martes, 6 de febreiro de 2018
ORELLAS DE ENTROIDO!!
Hoxe os nen@s de infantil fixemos unhas riquísimas orellas de entroido, disfrutamos moito facendo a masa, estirando as orellas co rodillo e sobre todo coméndoas!! Moitas grazas a nosa cociñeira Sandra que nos axudou a rematar a nosa receita fritindo as orellas.
orellas de entroido by Slidely Slideshow
MARTES: ALGO NO PESCOZO
Hoxe, ademáis de algo na cabeza debíamos traer tamén algo no pescozo....
Mañá para completar o noso look, ademáis unha prenda do revés!!
Mañá para completar o noso look, ademáis unha prenda do revés!!
luns, 5 de febreiro de 2018
LUNS: ALGO NA CABEZA!!
Así de guapos viñemos hoxe ao cole os nen@s de infantil, con algo entoideiro nas nosas cabeciñas...
RECORDADE: Mañá algo na cabeza e algo no pescozo.... pero mooi entroideiros!!
RECORDADE: Mañá algo na cabeza e algo no pescozo.... pero mooi entroideiros!!
domingo, 4 de febreiro de 2018
SEMANA DE ENTROIDO!!
Mañá comeza a gran semana de entroido, que rematará o xoves co desfile infantil polas rúas de Verín, pero antes no cole de Castrelo, xa imos preparando diferentes actividades.
Como xa ven sendo un clásico dende fai moitos anos, o venres chegou ao cole Amanda a que moito manda
Este ano apareceunos así de favorecida e estes son os seus mandados para esta semana entroideira:
LUNS: ALGO NA CABEZA (algo entroideiroooo)
MARTES: ALGO NO PESCOZO (algo mooooi entroideiro)
MÉRCORES: UNHA PRENDA DO REVÉS
Entroideiros:
se unha semana divertida queredes pasar
non vos esquezades do que Amanda
este ano vos quixo mandar.
Como xa ven sendo un clásico dende fai moitos anos, o venres chegou ao cole Amanda a que moito manda
Este ano apareceunos así de favorecida e estes son os seus mandados para esta semana entroideira:
LUNS: ALGO NA CABEZA (algo entroideiroooo)
MARTES: ALGO NO PESCOZO (algo mooooi entroideiro)
MÉRCORES: UNHA PRENDA DO REVÉS
Entroideiros:
se unha semana divertida queredes pasar
non vos esquezades do que Amanda
este ano vos quixo mandar.
GRACIAS AMIGOS!!
O venres os nosos amigos de primeiro e segundo de primaria xunto coas súas profes fixeron un taller de cociña de filloas e ao rematar viñeron a darnos a proba, a verdade é que estaban moooi boas, mirade como nos gustaron...
xoves, 1 de febreiro de 2018
COMPADRES!!
Hoxe comeza a conta atrás para os días grandes de entroido co xoves de compadres. Mirade que ben o pasamos os nenos de infantil perseguindo ás nenas para quitarlle os mecos...A semana que ven teremos a revancha!!
C.E.I..P CASTRELO DO VAL CASTRELO DO VAL de Slidely by Slidely Slideshow
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








