Onte aprendemos a actuar ante unha emerxencia grazas aos amigos de Protección Civil que viñeron a ensinarnos.
Aprendemos e divertímonos moito! deixamos fotiños para que o vexades..
Tamén cantamos a "Canción da Reanimación", deixamos o enlace por si queredes cantala na casa tamén!
https://www.youtube.com/watch?v=56PrvOfEqHQ
Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
venres, 2 de marzo de 2018
xoves, 1 de marzo de 2018
OS NOSOS VERMES
Os nenos de tres anos xa sabemos escribir o noso nome e os dos nosos compañeiros,hoxe estivemos comparando os nosos nomes,vendo que letras tiñan e contando as letras para ver cales eran máis longos e cales máis curtos...Despois fixemos estes vermes e sen dúbida o de Valentina era o máis longooo!! Mirade que bonitos nos quedaron!
gusanos con nombre by Slidely Photo Gallery
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
O vindeiro luns, día 5 marzo, ás 11:00 teremos a xornada de portas abertas para os novos alumnos que inician o curso en setembro. Vide a coñecer o noso cole e pasar con nós un intre divertido!!
martes, 27 de febreiro de 2018
PINTANDO CON CHOCOLATE
Unha tarde calquera... os nenos de 4 e 5 anos decidimos pintar con chocolate tamén. Pintamos uns cadros preciosos, e rechupeteamos os dedos!! Pasámolo bomba!
domingo, 25 de febreiro de 2018
ANIVERSARIOS MES DE FEBREIRO
Este mes que estamos a piques de rematar foi moi especial para dous dos nosos peques da clase de tres anos: Ángel e Valentina, que cumpriron xa os catro, son os máis maiores da súa clase e quixeron celebralo con nós convidándonos a merendar.
PARABÉNS ÁNGEL E VALENTINA!!!
PARABÉNS ÁNGEL E VALENTINA!!!
sábado, 10 de febreiro de 2018
DESFILE DE ENTROIDO
O xoves participamos no desfile infantil de Entroido, despois de un mes de moito traballo así de guapos lucimos polas rúas de Verín
DESFILE ENTROIDO 2018 by Slidely Slideshow
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

