venres, 22 de febreiro de 2019

SEMANA DE ENTROIDO!!


COMEZA A CONTA ATRÁS!!
A semana que ven vai ser moi entroideira, temos que estar moi atentos aos proverbios do Gran Xefe Indio Óso Branco.
 Para o luns o Gran Xefe Indio Óso Branco di:

"LUNS SEN PLUMA NA CABEZA, CARA PINTADA CON CERTEZA"

Xa sabedes, se non queredes que vos pintemos a cara, traede unha pluma na cabeza!!


xoves, 21 de febreiro de 2019

COMPADRES E COMADRES

COMPADRES!!!
COMADRES!!
Esta tarde no cole celebramos os compadres e como o vindeiro xoves estamos de desfile aproveitamos tamén para facer as comadres. Foi unha tarde moi divertida na que tanto as comadres como os compadres que pintamos pola mañá acabaron feitos pedaciños e queimados. Mirade que ben o pasamos!

PREPARANDO OS COMPADRES

Hoxe é xoves de compadres e comenzamos uns días de moita festa...@s peques de Castrelo xa estamos cos preparativos...

venres, 15 de febreiro de 2019

GRAZAS!!

Hoxe foi o último día no que nos viñeron axudar os compañeiros do Obradoiro de traballo da Mancomunidade. Grazas á súa axuda tod@s temos rematada a parte central do noso atrapasoños.
GRAZAS POLA VOSA AXUDA!!

xoves, 14 de febreiro de 2019

O AMOR PARA OS PEQUENOS DE CASTRELO É...

Onte e hoxe traballamos unha emoción moi bonita e especial: O AMOR. No seguinte vídeo podedes ver que é o amor según @s pequen@s de Castrelo. Botádelle un ollo porque seguro que vos alegra o día... Feliz San Valentín!!

SEGUIMOS TRABALLANDO PARA O ENTROIDO...

Seguimos traballando para o entroido, hoxe estivemos vendo que era un atrapasoños, algo moi utilizado polos indios.
Coma verdadeiro indios, nós tamén levaremos un atrapasoños e hoxe comezamos a elaboralo coa axuda dos amigos do Obradoiro de traballo da Mancomunidade.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA AXUDA!!



PARABÉNS VALENTINA!!

Seguimos celebrando, se onte foi Ángel, hoxe tocalle a Valentina, que xa cumpre 5 aniños tamén,
e convidounos a merendar para celebralo. Moitísimas grazas!!
PARABÉNS VALENTINA!!