xoves, 14 de novembro de 2019

PARABÉNS ARES!!

Hoxe o noso neno de 4 anos, por fin cumpliu os 4!! E convidounos a tomar unha tarta deliciosa de postre no comedor. Parabéns Ares!! Moitas grazas a súa familia pola tarta, estaba riquísima!!

mércores, 13 de novembro de 2019

UN COLE COLORIDO!!

Despois de pintar de cores os azulexos, agora imos decorar algunhas paredes... Esta semana tocoulle á primeira. Gústavos? A nós parécenos que quedou preciosa!





BOLSOS PARA AS CASTAÑAS!!

@s pequen@s de Castrelo xa temos preparados os nosos bolsos para encher de castañas no día do magosto!! Mentres tanto sírvennos para decorar as portas das nosas aulas:

3ANOS

4 E 5 ANOS

martes, 12 de novembro de 2019

CASTAÑAS!!

Levamos uns días esperando a ver se o tempo nos deixa celebrar o magosto e mentres tanto aprendemos de onde veñen as castañas. Hoxe os máis pequenos aprendemos qué é un castiñeiro e un ourizo e... como nos gusta tocar en todo, tamén aprendemos como pican!!



Temos que agradecer de novo ao papá de Elba por traernos os ourizos, as castañas e o castiñeiro.

xoves, 31 de outubro de 2019

XINCANA SAMAIN/HALLOWEEN 2019

Onte pola tarde no cole de Castrelo celebramos o Halloween/Samaín como máis nos gusta: tod@s xunt@s. Fixemos unha xincana con diferentes xogos por equipos, onde os máis maiores coidaron e axudaron aos nosos pequenos e no que o máis importante foi o ben que o pasamos e... que descubrimos onde estaban escondidas as chuches!! Deixámosvos un resumo da nosa tarde de Samaín/Halloween!!