mércores, 11 de maio de 2022

PARABÉNS IRIS!!

 Hoxe Iris está de cumple e para festexalo convidounos a merendar unhas ricas rosquillas que fixo co seu papá. Moitísimas grazas por compartilo con nós. PARABÉNS PRINCESA!!



mércores, 4 de maio de 2022

PARABÉNS ZELTIA!!

 Hoxe na clase de 4 anos festexamos que Zeltia se fixo un pouquiño máis maior, xa van 5!!! Moitas grazas por convidarnos a merendar!! motisímas felicidades princesa!!



domingo, 1 de maio de 2022

FELIZ DÍA MAMÁS

 Seguro foi un día xenial e segurísimo que ás mamás lle encantaron os regaliños que prepararon os peques con toda a paciencia e o amor do mundo. En cada letra, en cada pegada, e en cada boliña hai moito cariño e ilusión  porque : MAMÁS QUERÉMOSVOS CADA DÍA E PARA SEMPRE!!




venres, 29 de abril de 2022

MEU AMOR

 

Aproveitando o día da nai traballamos o conto: "Mi amor" da editorial Kokinos. Gustounos moito e  serviunos de inspiración  para facer o noso regalo do día da nai. Traballamos moito e con moita ilusión, a mesma coa que imos aguantar ata o domingo para entregar os regaliños ás nosas mamás. Hoxe pedímoslle que vexan con nós o conto


luns, 25 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO: OS NOSOS CONTOS PREFERIDOS

 O pasado sábado foi o día do libro, no cole de Castrelo, decidimos conmemorar esta data tan importante escollendo o libro/conto preferido de cada unha das aulas e replicando a súa portada con diferentes técnicas plásticas. Aquí tedes os contos preferidos dos nen@s de infantil


3 ANOS: O conto preferido dos nen@s de 3 anos é : "Monstruo Rosa", de Olga de Dios. Editorial Apila





4 ANOS: Os nen@s de 4 anos escolleron un conto que lles encanta e que sempre contamos en galego ou castelán, polo que esta vez traballámolo en inglés, coa axuda da teacher: "The very hungry caterpillar". de Eric Carlé. Editorial Kokinos.

 

5 ANOS: Na clase de 5 anos escolleron o conto: " O peixe arco da vella" de Marcus Pfister. Editorial Kalandraka.








martes, 12 de abril de 2022

TORTIÑAS DE PASCUA!!


Para despedir o trimestre na clase de 4 anos decidimos darnos un capricho e fixemos tortiñas de pascua. Pasámolo xenial facéndoas e moito máis aínda coméndoas!! Dende a clase de 4 anos desexámosvos unha moi FELIZ E DOCE PASCUA!!!



venres, 8 de abril de 2022

GRAZAS EASTER BUNNY!!!




 Esta mañá cando chegamos ao cole... sorpresa e emoción!! Por fin o easter bunny pasou pola nosa clase!! A profe pensaba que ao final non pasaría e xa nos tiña comprado uns oviños por si acaso ...e claro, tivemos que comelos tamén para que non se estropearan... pero eran moito máis pequenos que os que nos deixou o easter bunny. GRAZAS EASTER BUNNY!!