venres, 17 de marzo de 2023

PAPÁ.....QUE SERÁ?

 Despois duns días de traballo e moita ilusión...xa temos todo rematado e empaquetado... Hoxe por fin levan os seus regaliños para os papás... Esperamos que garden a maxia ata o domingo, de momento dámosvos a pista que escribiron na bolsa: PAPÁ PISA FORTE, SIGO OS TEUS PASOS... Qué será??



xoves, 16 de marzo de 2023

DESCUBRINDO A MÁQUINA DE ESCRIBIR!!



Na clase de 5 anos estamos traballando sobre os inventos. Hoxe fixemos unha ficha da máquina de escribir e ningún de nós sabía que era esa máquina!! 
Como no noso cole hai de todo, tivemos a oportunidade de coñecer a máquina de escrbir  e probala. Que invento máis raro!! Encantounos escribir os nosos nomes e imos quedar con ela na clase  uns días máis para seguir practicando...







venres, 10 de marzo de 2023

MOITAS GRAZAS PROFE EVA!!

Hoxe ,na clase de  5 anos, chegou o día que non queriamos que chegara. Hoxe despedimos á profe Eva con moita pena de que se marche pero moi contentos por ter compartido estes meses con ela. Hoxe aprendemos ademáis que podemos chorar de tristeza e de alegría. MOITAS GRAZAS PROFE EVA POR AXUDARNOS A SEGUIR MEDRANDO!!!


 

mércores, 8 de marzo de 2023

8 M

 

Hoxe conmemoramos o 8M, facendo colgadoiros para as portas, que nos queadron así de bonitos e recortando bolboretas para o mural que fixemos xunto co resto do cole.



martes, 7 de marzo de 2023

AMENDOADOS DE ALLARIZ!!


Esta semana é moi especial na clase de 5 anos, xa que é a última na que a profe Eva vai a estar con nós; estamos un pouco tristes, pero imos aproveitala a tope!! 

Como a profe Eva é de Allariz, hoxe ensinounos a prepar uns doces típicos da súa vila: amendoados!! Pasámolo moi ben e quedáronnos moi ricos! GRAZAS PROFE EVA




venres, 3 de marzo de 2023

DÍA DE ROSALÍA

 O pasado día 23 de febreiro celebrouse o día de Rosalía de Castro. Aínda que ese mesmo día non nos foi posible festexalo, non deixamos de conmemorar unha data tan importante. Hoxe pola tarde, reunímonos con todo o cole para festexar o día de Rosalía. Os nenos de 5º contáronnos algúns detalles da súa vida e obra e os de 6º recitáronnos uns poemas. 





Logo todos xuntos cantamos o rap de Rosalía que nos ensinou o profe Julián nas clases de música.



mércores, 1 de marzo de 2023