xoves, 31 de xaneiro de 2019

DIA DA PAZ

Onte celebramos o día da paz dun xeito moooi indio!!
Este ano no entroido imos ir disfrazados de indios e aproveitando o tema, os nen@s de infantil empezamos a descubrir e aprender cousas sobre os indios. Para o día da paz, investigamos sobre a pipa da paz
Coa axuda das familias convertímonos nuns expertos!! Despois de traballar o tema na clase, pola tarde xuntámonos co resto do cole para facer un mural da paz
Quedounos moooii chuli!!
Ademáis os peques recitamos unha poesía, mirade que ben o fixemos!!

DÍA DA PAZ 2019 INFANTIL from ceipcastrelodoval on Vimeo.

martes, 22 de xaneiro de 2019

INVERNO!!

Co frío destes días, agora sí que notamos o inverno. Apreoveitamos para facer uns bonecos de neve con paus de xeado, mirade que chulos nos quedaron:
 
E con eles decoramos a porta da nosa clase!!


mércores, 9 de xaneiro de 2019

REMATAMOS CON FESTA E COMEZAMOS CON...SORPRESAAA!!

No seguinte video podedes ver que guapos rematamos o primeiro trimestre, o último día vestimonos de gala para actuar no Auditorio... Despois de moitos días de traballo, ensaios e moitos nervios: fixémolo xenial. Tanto traballo merecía unha recompensa... e tiñamos moi claro o que pedir
E como non podía ser doutra maneira... comezamos o segundo trimestre cunha sorpresa nas nosas aulas: As Suas Maxestades de Oriente pasaron por Castrelo!! Os maiores gardamos as formas e o orde...que capacidade de autocontrol!!
Os pequenos...non esperaron nin a quitar as chaquetas
Podedes ver as nosas reaccións e os nosos regalos no seguinte video

xoves, 20 de decembro de 2018

ESTA MAÑÁ TURRÓN E MAZAPÁN!!

Esta mañá estivemos de cociñeiros facendo turrón e mazapán. Mirade que ben o pasamos, agora están reposando e polo tarde teremos unha merenda moi navideña!! Vémonos esta tarde no Auditorio con Turrón e Mazapán!!

mércores, 19 de decembro de 2018

MÁIS MANUALIDADES DE NADAL!!

Ademáis dos Cd´s para decorar as portas os nenos de infantil tamén fixemos unha bola de neve utilizando platos, mirade que chula nos quedou!!

E decoramos estas árbores de Nadal


martes, 11 de decembro de 2018

POSTAIS FAMILIAS INFANTIL

Hoxe remataba o prazo para traer as postais coas felicitacións navideñas, unha actividade que levamos facendo dende fai anos e na que implicamos ás familias. No seguinte vídeo podedes ver todas as postais que fixeron @s nen@s de infantil coa axuda das súas familias. Moitas grazas a tod@s por colaborar!!

luns, 10 de decembro de 2018

PARABÉNS IREA!!

Onte Irea cumpriu 4 aniños e hoxe quixo convidarnos a merendar con unhas deliciosas rosquillas que preparou coa axuda de papá e mamá. Moitisímas grazas, estaban deliciosas!!