Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
martes, 28 de febreiro de 2023
xoves, 23 de febreiro de 2023
MUSICAL "EL FESTIVAL DE BREMEN"
PARABÉNS CIBRÁN!!
Hoxe volvemos ao cole despois dunha semana de entroido. Na clase de 5 anos fixémolo de xeito moi especial, pois ademáis de ir a ver un musical ao audirorio co resto do cole, festexamos cunha rica merenda que Cibrán cumpre 6 aniños. Moitísimas grazas pola merenda e MOITAS FELICIDADES CIBRÁN!!
sábado, 18 de febreiro de 2023
DESFILE VENRES DE ENTROIDO CASTRELO 2023
No cole de Castrelo somos moi entroideiros, despois do desfile do xoves en Verín, o venres repetimos polas rúas de Castrelo xunto coa casa niño de Pepín e acompañados coa música de Candaira. Despois do desfile, os nenos do cole de Castrelo e os pequechos da Casa Niño comemos e xogamos no parque do Terrón, foi unha xornada divertida e seguro que repetiremos máis actividades xuntos. Moitísimas grazas ao Concello de Castrelo, a Ramón e ás mulleres de Candaira por acompañarnos.
xoves, 16 de febreiro de 2023
DESFILE ENTROIDO VERÍN 2023
E mañá repetimos por Castrelo!! VIVA O ENTROIDO!!
mércores, 15 de febreiro de 2023
SEMANA DE ENTROIDO: MÉRCORES, ALGO ENTROIDEIRO NA CABEZA!!
Hoxe rematamos as mandas de Amanda así de guap@s!
Recordade que mañá desfilaremos por Verín e tamén iremos moi moi guap@s!!
martes, 14 de febreiro de 2023
SEMANA DE ENTROIDO: MARTES ALGO ENTROIDEIRO NO TRONCO!!
Hoxe seguimos sumando: aos pés entroideiros de onte sumámoslle o tronco e así de entroideiros viñemos @s nen@s de infantil!


















