domingo, 30 de xaneiro de 2022

DÍA DA PAZ

Hoxe celébrase o día da Paz, nós levamos toda a semana facendo cousiñas no cole, e se algo nos quedou claro é que a paz hai que practicala a diario. Mirade os nosos traballos desta semana:

FICHA O ARCO IRIS DA PAZ, na que pintamos con pincel e escribimos os ingredientes da paz: esperanza, alegría e amor.

 

MURAL POMBAS DA PAZ 4 ANOS: pintamos con pincel e decoramos con gomets, cada un coas cores do seu equipo


MURAL DE TODO O COLE COAS NOSAS MANS: Feito polos profes do Departamento de Inglés. Cada neno debuxou a súa man e escribiu unha palabra ou expresión pola paz en inglés e decorou.

MURAL DE TODO O COLE COAS NOTAS MUSICAIS: Feito pola profe de música, onde cada neno escribiu unha palabra relacionada coa paz a partir da nota musical que lle tocou a cada clase. No noso caso RE: RESPECTAR! Relacionado con este mural, a profe de música preparou unha canción coa que festexamos no patio xuntos esta conmemoración.



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario