luns, 28 de marzo de 2022

EN BUSCA DAS OVELLAS!!

 

Que sorte estar nun cole do rural!! Hoxe @s pequen@s de Castrelo saímos en busca das ovellas...e custounos moito atopalas!!Seguimos o rastro que deixaron no chan en forma de boliñas negras... pero fomos polo camiño equivocado, tivemos que dar a volta ata chegar onda elas!

Era a primeira saída que faciamos xuntos e foi todo un acontecemento



 




Preguntámoslle a Luís que comían, onde dormían e moitas dudas que tiñamos... 

Sabedes que pronto lle van cortar a lá ás ovellas para que non pasen calor? Pareceunos moi interesante o tema da perruquería das ovellas e dixemoslle a Luís que nos avise cando veñan a polas fresquiñas...
Grazas Luis pola paciencia.

De volta na clase, quixemos debuxar unha ovella... parecíanos complicado, entonces vimos un vídeo de como facelo

Despois de mirar atententamente, fixemos os nosos debuxos. Quedaron preciosas!!









sábado, 19 de marzo de 2022

PARABÉNS PAPÁS!!

A esta hora xa todos os paquetes estarán entregados aos papis!! Estou segura de que vos encantaron a todos. Aproveitamos a ocasión para pintar coas pegadas dos nosos peciños e para traballar un conto que nos encantou: "Adivina cuanto te quiero". Aprendemos que o amor que lle temos aos nosos papás é algo tan grande que non se pode medir. E como sempre traballamos moito, esforzámonos e puxémoslle todo o amor do mundo. PARABÉNS PAPÁS!!







venres, 18 de marzo de 2022

PAPÁS, ADIVIÑADES CANTO VOS QUEREMOS??


 Na clase de 4 anos, levamos dúas semanas preparando algo moi especial, porque mañá é o día do pai, e nós queremos moito aos nosos papás. Aínda que imos gardar o segredo ata mañá, hoxe temos unha tarea para facer cos papis: ver xuntos un conto que nos encanta, aquí o tedes:



martes, 8 de marzo de 2022

8M: AS MULLERES MÁIS IMPORTANTES DA NOSA VIDA

 Hoxe 8 de marzo, día da muller, quixemos agasallar ás mulleres máis importantes da nosa vida: as nosas mamás!! GRAZAS MAMÁS POR SER AS MULLERES MÁIS IMPORTANTES DAS NOSAS VIDAS.