Ademais de todo o que temos xa compartido... na clase de 3 e 4 anos levamos dúas semanas traballando a tope!!
Aquí podedes ver un pouquiño de todo o que aprendemos sobre Samaín!
Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
Ademais de todo o que temos xa compartido... na clase de 3 e 4 anos levamos dúas semanas traballando a tope!!
Aquí podedes ver un pouquiño de todo o que aprendemos sobre Samaín!
Esta semana foi moi especial nas aulas de infantil e estivo chea de actividades, manualidades e experiencias moooi divertidas ....
Hoxe tivemos unha súper sorpresa terrorífica! As aulas de infantil convertéronse en dous ambientes moi diferentes! Na clase da profe Betty había unhas cabazas cheas de cousas asquerosas: ovos, maicena, telarañas, orbits... onde tiñamos que meter as mans sen mirar e adiviñar que elementos de Samaín había dentro!
Na clase da profe Cris lemos un conto de medo que brillaba con luz negra: "Los calzoncillos terroríficos"! E polo medio das dúas aulas... un túnel do terror! Menuda mañá chea de sustos!!
O alumnado do cole estivo a traballar moito coas súas familias para decorar o noso centro de forma moooi terrorífica!
Fixeron unhas manualidades escalofriantes!
Moitas grazas familias pola vosa colaboración!!
Para continuar coa nosa semana de Samaín-Halloween, hoxe fixemos unha deliciosa receita para merendar: biscoito de cabaza!!
O venres fomos á farmacia e entre onte e hoxe os nenos e nenas de infantil estivemos facendo unhas pantasmas terroríficas con gasas... para que as usaremos??
Hoxe os nenos e nenas de infantil fomos facer unha pequena excursión á farmacia de Castrelo... Que andaremos a argallar?? Pronto o saberedes...
As nenas e os nenos de 3 e 4 anos levamos máis dun mes traballando ao redor do outono! Esta estación está chea de posibilidades e estivemos a aprender moitísimo! Este é un pequeno resumo... porque agora toca meternos de cheo no Samaín!!
Hoxe Lara cumpliu 4 anos!!
Celebrámolo todos xuntos cun biscoito moi moi rico!
Moitisimas felicidades e moitas grazas polo biscoito!!
As pequenas e os pequenos de Castrelo hoxe tivemos unha sesión de xogos xigantes e de mesa!
Grazas á colaboración da ANPA e de Coeducontando pasamos unha mañá moi divertida, chea de xogos e diversión, moitas grazas!!
Esta actividade está financiada a través das axudas concedidas á ANPA do noso centro pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Igualdade, cos fondos finalistas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.