sábado, 28 de marzo de 2026

Rematamos o proxecto dos animais!

 Nestas derradeiras semanas do trimestre as nenas e os nenos de 3 e 4 anos estivemos a profundizar sobre os animais da selva e da sabana, e con esto damos por rematado o proxecto dos animais!! Toca preparase para o seguinte trimestre: as profesións!!




venres, 27 de marzo de 2026

DESPEDIMOS O SEGUNDO TRIMESTRE!!



Os nenos e nenas de infantil levamos xa unhas semanas preparándonos para a chegada do Easter Bunny, fixemos manualides para que nos deixe os ovos e decorando as bolsiñas...



Hoxe para merendar preparamos unhas brochetas deliciosas...


Ademais, participamos na búsqueda de ovos, xunto co resto de clases do cole:






luns, 23 de marzo de 2026

martes, 17 de marzo de 2026

VISITAMOS O ECOAGRO

 


Esta mañá os nenos de infantil e primeiro de primaria visitamos o ECOAGRO para mercar as plantas que imos por na nosa horta. Aproveitamos para ver as diferentes plantas de horto, decorativas, aromáticas, de xardín... demos unha volta polos invernadoiros e estivemos moi atentos ás explicacións que nos daban Laura e Lucía, que coma sempre tiveron moita paciencia con nós. GRAZAS!!

Xa de volta no cole, plantamos as leitugas, cebolas, fresas e plantas aromáticas que trouxemos. Foi un día moi intenso...




luns, 9 de marzo de 2026

Continuamos cos animais do mar e do deserto!

 Estas semanas as nenas e os nenos de 3 e 4 anos seguimos profundizando no proxecto dos animais, concretamente cos do mar e o deserto, canto estamos a aprender!!




venres, 6 de marzo de 2026

8M



O día 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller, polo que nas aulas de Infantil do cole de Castrelo estivemos a investigar un montón!

Centrámonos en dúas mulleres súper importantes e relacionadas cos proxectos que estamos a traballar en cada clase: Cleopatra, raíña de Exipto e Jane Goodall científica experta en chimpancés.

Para coñecelas máis a fondo, estes días estivemos a ler libros sobre elas e ver uns vídeos que vos deixamos a continuación:



Aquí podedes ver os artistas que estamos feitos retratando a estas mulleres tan imporantes!!:






venres, 27 de febreiro de 2026

GRAZAS PROFE INÉS!


Hoxe foi un día de moitas emocións no cole de Castrelo, despois de pasar uns meses con nós, hoxe despedimos á profe Inés. 
Inés foi unha profe moi especial, porque ela tamén foi no seu día unha pequena de Castrelo, coma nós, e volveu ao cole convertida nunha SUPER PROFE, durante estes meses viviu con nós momentos moi especiais, implicouse en todas as nosas vivencias e participou activamente en todas e cada unha das nosas aventuras.
Hoxe , non queríamos que marchara, pero despedímola sabendo que volverá sempre porque este foi e será sempre o seu cole.
GRAZAS PROFE INÉS!!




SAD

ZXZXC

luns, 23 de febreiro de 2026

VEN A COÑECERNOS!!




DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

Hoxe, coincidindo co día do seu aniversario,  conmemoramos o Día de Rosalía. Cada unha das clases do noso cole traballou sobre un detalle da súa vida e  fixo ilustracións sobre ela para logo presentarlla aos demáis. Entre todos fixemos unha pequena biografía da nosa escritora máis xenial.

Os nenos de infantil xa levamos un par de días coñecendo detalles da súa vida  e traballando nos nosos debuxos

Así quedou a nosa particular homenaxe a Rosalía de Castro:



Seguimos co proxecto dos animais!

 Na clase de 3 e 4 anos, seguimos profundizando no proxecto dos animais! Estas semanas, ademais de celebrar o Entroido por todo o alto, investigamos sobre os animais do bosque e os animais polares, aquí tedes un pequeno resumo!




xoves, 12 de febreiro de 2026

DESFILE INFANTIL 2026



Despois de semanas de moito traballo, por fin saíu o sol e chegou o gran día!
Hoxe desfilamos por Verín co noso Carrusel cheo de alegría e ilusión!!
FELIZ ENTROIDOOOO


 



 

mércores, 11 de febreiro de 2026

DISFRACE LIBRE

 Para acabar coas mandas de Amanda... disfrace libre! Cada ano estamos máis guapos/as!!



Filloas de Entroido!


Se unha das cousas que máis nos gusta facer no cole é cociñar... por Entroido non ía ser menos!! 
Menudas filloas máis ricas nos quedaron traballando en equipo todo Infantil!!



 

martes, 10 de febreiro de 2026

COMEZAMOS COAS MANDAS DE AMANDA!

 Como nos gusta o Entroido!! Comezamos a semana ben quentiños/as seguindo as mandas de Amanda: luns pixama e martes pixama e bata!! Así sí que gusta vir ao cole!!

 Aquí tedes as fotos do luns:

E aquí as do martes:


xoves, 5 de febreiro de 2026

CORREMOS OS COMPADRES E AS COMADRES!

 




As nenas e os nenos de todo o cole estivemos a facer durante esta semana os nosos compadres e comadres, e hoxe, a última hora da tarde, por grupos, puidemos correr as comadres e os compadres dado que o seguinte xoves temos o desfile!! Que nervios!!

Xa comeza o Entroido!!




mércores, 4 de febreiro de 2026

PREPARANDO O ENTROIDO!!

Nas aulas de infantil levamos uns días preparando unha das épocas do ano que máis nos gusta.... Pintamos, recortamos, picamos e pegamos con moita alegría. Viva o entroido!!!



venres, 30 de xaneiro de 2026

TEMOS UN HÁMSTER NO COLE!

 



Para completar o día, tivemos unha súper sorpresa!! 

Nico, de 2º de Primaria, trouxo ao cole ao seu hámster, e aproveitando que os de 3 e 4 anos estamos a traballar cos animais, quixémolo ver moito máis de cerca! Explicounos que Nube é un animal mamífero, que é o que comía, como era a súa pelaxe, e tivemos (os que quixemos) a oportunidade de tocalo e collelo nas nosas mans con moito coidado! 

Grazas Nico!!



DÍA DA PAZ!


 

O día 30 de xaneiro conmemoramos o Día escolar da Non Violencia e da Paz e as nenas e nenos de infantil estivemos a falar e profundizar sobre que é a Paz e como lograla. Ademais, cada clase fixo diferentes manualidades sobre os dous grandes símbolos que representan a Paz.




luns, 26 de xaneiro de 2026

Primeiras semanas do proxecto dos animais!

 


Este segundo trimestre imos a investigar sobre os animais, e para comezar, que mellor que polas nosas mascotas e os animais da granxa? Aproveitamos para traballar contidos de lóxica, arte, lecto (comezamos coa letra "D" en 3 anos e a "a" en 4 anos), e sobre todo compartimos un montón cos nosos compis! Aquí tedes un resumo destas dúas semanas.



PARABÉNS ALES!

 



No día de hoxe Ales chegou xa aos 4 anos!! Que maior!! Tróuxonos unha tarta que desfrutamos un montón! Moitos parabéns Ales!!


mércores, 21 de xaneiro de 2026

PARABÉNS GAEL!

 



Hoxe Gael cumpliu 4 anos xa! Tróuxonos unha riquísima tarta de Nutella que desfrutamos un montón! Moi feliz cumple!!


xoves, 15 de xaneiro de 2026

FOMOS AO TEATRO!!

 

Hoxe fomos ao auditorio de Verín para ver a obra de teatro "Cenicienta solo quiere bailar".

Gustounos moito e pasámolo xenial!!




luns, 12 de xaneiro de 2026

RECIBIMOS AGASALLOS!!


 


Os nenos e as nenas do cole de Castrelo debémonos portar moi moi ben o ano pasado que, cando chegamos ao cole, tíñamos unha súper sorpresa: unha chea de agasallos que nos deixaran Papá Noel e os Reis Magos! 

Como desfrutamos abrindo todos os agasallos e xogando con eles!!




venres, 9 de xaneiro de 2026

PARABÉNS COSME, NEKANE E TEO!!



Hoxe na clase de 3 e 4 anos tivemos triple celebración! Nekane, Teo e Cosme, que cumpliron 4 anos durante as vacacións, trouxéronnos chocolate con churros, como nos puxemos! Moitas grazas!!

PARABÉNS ALAN!!

Hoxe na clase de 4 e 5 anos festexamos o cumple de Alan, que xa ten 5 anos!!! PARABÉNS ALAN



domingo, 4 de xaneiro de 2026

Actividades de Nadal na clase de 3 e 4 anos!

 


Aquí tedes un pequeno resumo de todas as actividades relacionadas co Nadal que os nenos e nenas da clase de 3 e 4 anos estivemos a realizar, ídevos preparando que volvemos en seguida!!