Xa chegou o outono, os nenos de infantil, recollemos conchos da nogueira. Agora puxémolos a secar ao sol.
Que podemos facer con eles....Seguro que algo mooi rico!!
Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
mércores, 10 de outubro de 2018
xoves, 4 de outubro de 2018
IMOS DE VENDIMA!!!
Estamos en tempo de vendimas. Esta tarde, os máis peques do cole saímos a ver que é eso de vendimar...
A primeira parada foi moi cerca: na casa do veciño, que nos ensinou que as uvas saen das parras e hainas brancas e tintas, as parras eran moi altas. Moitas grazas Manolo!! Logo seguimos camiño por detrás do cole e fomos á viña de outro Manolo, alí había mooitas uvas, pero non en parras, senón máis baixas, en cepas...
De volta ao cole xuntamos as uvas que cortamos coas que nos mandaron os papás e pisámolas....
Foi unha tarde moi divertida, gustounos moito aprender cousas sobre e vendima!!
Mirade que ben o pasamos...
domingo, 30 de setembro de 2018
FLOCOS DE MILLO!!
O primeiro conto de Turi titúlase : "Un dragón na barriga" e aos nen@s de cinco anos gustounos moito, nel o sabio Uxío dalle unhas sementes a Turi e sorpresa!!! Desas sementes saen flocos de millo.
Comprobamos que de certo das sementes saen flocos de millo, aínda que nós sempre lle chamamos palomitas e a teacher Bea ensinounos que en inglés lle chaman popcorn!!
Aprendemos moito, pasámolo xenial e os flocos de millo encántannos!!
venres, 21 de setembro de 2018
PERIODO DE ADAPTACIÓN SUPERADO CON ÉXITO!!
Hoxe @s nen@s de tres anos remataron o seu periodo de adaptación ao cole e fixérono ademáis con moito éxito!!
Mirade cantas cousas fixeron nos seus primeiros días de cole!!
INFANTIL CURSO 2018-2019
Agora que os de tres anos remataron o periodo de adaptación, xa estamos todos xuntos e hoxe tocou a foto oficial... despois de moitos intentos,risas, algúns despistes... esto foi o que conseguimos..polo menos estamos ordenados por idades..
Estamos tod@s guapisim@s!!
Estamos tod@s guapisim@s!!
![]() |
| C.E.I.P. PLURILINGÜE DE CASTRELO DO VAL EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2018-2019 |
xoves, 20 de setembro de 2018
OS NOSOS NEN@S DE 3 ANOS!!
Hoxe presentámosvos aos máis peques do cole. Mirade que contentos chegaron o primeiro día.
Están xa rematando o seu período de adaptación con moito éxito, nos vindeiros días mostrarémosvos que ben o pasan!!
Están xa rematando o seu período de adaptación con moito éxito, nos vindeiros días mostrarémosvos que ben o pasan!!
venres, 14 de setembro de 2018
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



