martes, 8 de outubro de 2019

xoves, 3 de outubro de 2019

PISAMOS AS UVAS!!

Onte fomos de vendima e hoxe pisamos as uvas!!Foi unha experiencia moi chula, aínda que non a tod@s nos gustou a sensación de esmagar as uvas cos pés, o certo é que pasamos unha mañá moi divertida e aprendemos moitas cousas. Moitas grazas de novo a Jose Luis, o papá de Elba, por abrirnos as portas da súa bodega, pola súa paciencia, pola súa adicación e por esas uvas tan ricas que nos regalou.

mércores, 2 de outubro de 2019

FOMOS DE VENDIMA!!

Hoxe os pequen@s de Castrelo fomos de vendima grazas aos papás de Elba, que nos deixaron ir vendimar con eles. Moitas grazas José luis e Mª Carmen, encantounos coller uvas e.. comelas!!

venres, 27 de setembro de 2019

CONTO CON LANTERNA!!

Hoxe na clase de 3 anos estivemos contando o conto de Carapuchiña Vermella dun xeito moi especial: proxectado con unha lanterna máxica no teito da nosa aula. Foi unha experiencia moi relaxante e divertida!!



luns, 23 de setembro de 2019

RECOLLEMOS PATACAS, CEBOLAS E CENORIAS!!

Esta mañá @s nen@s de infantil recollemos parte da colleita do horto: patacas, cenorias e cebolas. Os tomates cherry e as fresas xa os comemos nos recreos... Mirade que ben o pasamos e todo o que recollemos Moitas grazas profe Pepe!! Eres un verdadeiro maestro do sacho!

venres, 20 de setembro de 2019

BENVIDOS AO COLE!!

Hoxe rematou o periodo de adaptación á escola dos nen@s de tres anos, a verdade é que foi un grupo que se adaptou moi ben ao cole dende o primeiro día e polo que levamos visto estes días, prometen darnos moitas alegrías durante o curso. No seguinte video tedes un pequeno resumo en imaxes do que foron os seus primeiros días. Benvidos ao cole Pequenos de Castrelo!!

xoves, 5 de setembro de 2019

OBRAS REMATADAS!! AULA DE PSICOMOTRICIDADE!!

Por fin e despois de moitos anos, este será o primeiro curso no que teñamos un espacio propio para facer psicomotricidade!! Este verán fixeron obras no centro e hoxe recibimos a visita da Delegada e da Xefa Territorial, que viñeron ver como quedou a nosa aula de psicomotricidade.

https://www.diariodotamega.es/articulo/castrelo-do-val/novo-ximnasio-cativada-castrelo-do-val/20190905211730003399.html?fbclid=IwAR1HxAV9xslsuPe3NpmgguotX-IN2HtfREpLlxfJCtfbDYvkWXZ7pjfNuPw