mércores, 30 de outubro de 2019

MERENDA DE HALLOWEEN / SAMAÍN





Esta mañá @s pequen@s de Castrelo preparamos unha merenda terrorífica. Pasámolo xenial e merendamos terroríficamente ben!! Podedes velo no seguinte vídeo. Moitísimas grazas ás familias pola vosa colaboración!!

martes, 29 de outubro de 2019

PORTAS DE SAMAÍN/HALLOWEEN

Así de terroríficamente chulas deixamos as portas das nosas aulas @s pequenos de Castrelo:

AULA DE 3 ANOS





AULA DE 4 E 5 ANOS





MANUALIDADES SAMAÍN HALLOWEEN

@s peques seguimos facendo manualidades de Samaín/Halloween:

Pantasmas coas nosas mans


Portachuches de gatos negros feitos con platos de cartón


PANTASMAS !!


Aínda que ao principio nos parecían caracois... despois de recortar, picar, pintar... quedáronnos unhas pantasmas moi terroríficas!!


luns, 28 de outubro de 2019

PREPARAMOS O SAMAÍN/HALLOWEEN!!

@s pequen@s de Castrelo levamos varios días pintando, recortando, picando...estamos preparando o Samaín/Halloween!!



xoves, 24 de outubro de 2019

NO COLE TAMÉN...DURMIMOS!!

Como facemos un montón de actividades e non paramos en toda a mañá, despois de comer e lavarnos os dentes chega a hora do descanso... e vaia se descansamos...mirade como nos presta a sesta!!

martes, 22 de outubro de 2019

IREA COMPARTIU CON NÓS O CONTO: "TENGO UN VOLCÁN"

Fai unhas semanas Irea trouxo un conto para compartir con todos que nos gustou moito "TENGO UN VOLCÁN":
Con él aprendemos a calmar o volcán interior (rabia, ira, enfados...) que ás veces se apoderan de nós! Respirando profundamente polo nariz e soltando o aire pouco a pouco pola boca....e finalmente cada un pintou un volcán como máis lles gustou!