luns, 21 de febreiro de 2022

SEMANA DE ENTROIDO: LUNS, CALCETÍNS ENTROIDER@S!!



Comezamos a semana grande de entroido polos pés!! Hoxe troxemos calcetíns ou calentadores moi entroideiros. Mirade que guap@s viñemos:

3 ANOS


4 ANOS

5 ANOS







xoves, 17 de febreiro de 2022

COMPADRES 2022!!

 No cole de Castrelo somos mooi entroideiros e en infantil aínda máis!! Hoxe comezamos a festa e non imos parar!! 

Para festexar o xoves de compadres, fixemos un meco en cada unha das tres clases. Aquí tedes a Pepe (3 anos), Cándido (4 anos) e Blas (5 anos).

Blas foi indultado polos nenos de 5 anos, Pepe e Cándido non tiveron tanta sorte e os pequen@s das súas clases queimáronos sen piedade. No seguinte video podedes ver  que ben o pasamos. Que viva o entroido e os pequen@s entroideiros!!



luns, 14 de febreiro de 2022

FELIZ SAN VALENTÍN!!

 Co amorosos que somos na clase de 4 anos, non podiamos deixar de festexar o día do amor!

Fixemos un regaliño para as persoas que máis queremos

E como ademáis de amorosos somos moi lambisqueiros fixemos unha merenda moi especial!

Mirade que ben o pasamos!!






mércores, 9 de febreiro de 2022

PARABÉNS IZAN E MARCO!!

 Seguimos coa ronda dos 5, esta vez por partida doble!! Hoxe tocoulle o turno a Marco e Izan, que xa levaban moitas semanas contando os días que faltaban! Por fin chegou o día !Menuda merenda nos trouxeron Marco e Izan e regaliños por duplicado!!Moitísimas grazas por compartir con nós este día tan especial. PARABÉNS MARCO E IZAN!!




xoves, 3 de febreiro de 2022

PARABÉNS HUGO!!

 Empezamos co primeiro cumple do ano!! Este ano toca a ronda dos 5!! o primeiro en cumprir foi Hugo, o maior da clase!! convidounos a unha rica merenda e pasámolo xenial!! PARABÉNS HUGO.



domingo, 30 de xaneiro de 2022

DÍA DA PAZ

Hoxe celébrase o día da Paz, nós levamos toda a semana facendo cousiñas no cole, e se algo nos quedou claro é que a paz hai que practicala a diario. Mirade os nosos traballos desta semana:

FICHA O ARCO IRIS DA PAZ, na que pintamos con pincel e escribimos os ingredientes da paz: esperanza, alegría e amor.

 

MURAL POMBAS DA PAZ 4 ANOS: pintamos con pincel e decoramos con gomets, cada un coas cores do seu equipo


MURAL DE TODO O COLE COAS NOSAS MANS: Feito polos profes do Departamento de Inglés. Cada neno debuxou a súa man e escribiu unha palabra ou expresión pola paz en inglés e decorou.

MURAL DE TODO O COLE COAS NOTAS MUSICAIS: Feito pola profe de música, onde cada neno escribiu unha palabra relacionada coa paz a partir da nota musical que lle tocou a cada clase. No noso caso RE: RESPECTAR! Relacionado con este mural, a profe de música preparou unha canción coa que festexamos no patio xuntos esta conmemoración.