venres, 18 de marzo de 2022

PAPÁS, ADIVIÑADES CANTO VOS QUEREMOS??


 Na clase de 4 anos, levamos dúas semanas preparando algo moi especial, porque mañá é o día do pai, e nós queremos moito aos nosos papás. Aínda que imos gardar o segredo ata mañá, hoxe temos unha tarea para facer cos papis: ver xuntos un conto que nos encanta, aquí o tedes:



martes, 8 de marzo de 2022

8M: AS MULLERES MÁIS IMPORTANTES DA NOSA VIDA

 Hoxe 8 de marzo, día da muller, quixemos agasallar ás mulleres máis importantes da nosa vida: as nosas mamás!! GRAZAS MAMÁS POR SER AS MULLERES MÁIS IMPORTANTES DAS NOSAS VIDAS.



venres, 25 de febreiro de 2022

DESFILE ENTROIDO 2022

Por fin os pequen@s de Castrelo puidemos volver a desfrutar do entroido. Para a maioría foi algo novo, e para os maiores moi diferente aos multitudinarios desfiles de Verín, pero por fin volveu o desfile de entroido!! Porque nós, os pequen@s, merécemolo máis ca ninguén, porque cumprimos as normas sen protestar e sempre cun sorriso debaixo da máscara, porque todo nos emociona, porque nos encanta o entroido!! VIVA O ENTROIDO DE CASTRELO!!

xoves, 24 de febreiro de 2022

SEMANA DE ENTROIDO: XOVES DE COMADRES!!

 Hoxe, xoves de comadres, seguimos sumando cousas ao noso atuendo, hoxe tocou algo na cabeza e así de guap@s aparecemos pola mañá

3 ANOS

4 ANOS 

5 ANOS


Hoxe festexamos o xoves de comadres, fixemos unha comadre en cada unha das aulas, aquí as tedes: Pepa (3 anos), Cándida (4 anos) e Mariña (5 anos). 

Pasámolo xenial facendoas e inda mellor rompéndoas e queimándoas, inda que novamente os nenos de 5 anos indultaron a Mariña e non a quixeron queimar. En 3 e 4 pasárono en grande rompendoa e vendo como ardía. Mirade que ben o pasamos!!



mércores, 23 de febreiro de 2022

DÍA DE ROSALÍA

 Entre tanta festa, hoxe celébrase o día de Rosalía, xa que aínda que sempre pensamos que nacera un 24 de febreiro, os últimos documentos amosan que o verdadeiro día do seu nacemento foi un 23 de febreiro. Coma Cibrán!! Na clase de 4 anos estamos a tope co entroido, pero non podiamos deixar de traballar esta data, asi que decidimos disfrazar a Rosalía de entroido...porque pensamos que Rosalía era, coma nós, moi entroideira!! Deixámola guapísima e pasámolo xenial!!




Pola tarde, baixamos ao patio, xunto co resto do cole, para escoitar como os amigos da clase de segundo nos recitaban unha poesía de Rosalía



SEMANA DE ENTROIDO: MÉRCORES, ALGO DO REVÉS!!

 Seguimos acumulando, hoxe tocou sumar algo do revés. Mirade que guap@s!

3ANOS


4 ANOS


5 ANOS



PARABÉNS CIBRÁN!!

O mes de febreiro é un mes de moitas celebracións. Hoxe Cibrán cumpriu 5 anos!! Convidounos a unha rica merenda e compartiu con nós un día moi espacial. MOITAS GRAZAS e PARABÉNS CIBRÁN!!