xoves, 11 de maio de 2023

COLABORA CONTRA O CANCRO!

 No cole de Castrelo colaboramos coa colecta que fai hoxe a Asociación Española contra o Cancro e durante todo o día de hoxe teremos no cole unha hucha para que fagades as vosas aportacións. TODOS CONTRA O CANCRO!!



domingo, 7 de maio de 2023

FELICIDADES MAMÁS!!

 Hoxe é o día das mamás e no cole traballamos con moita ilusión, esforzo e todo o noso amor para poder darlle ás nosas mamis un regaliño, no que o máis importante é a mensaxe que queremos que nunca olviden: querémolas moito hoxe e SEMPRE!!  

MOITAS FELICIDADES A TODAS AS MAMÁS!!

Na clase de 5 anos, temos a sorte de poder decirllo en 4 idiomas diferentes!!








venres, 5 de maio de 2023

REGALIÑOS PARA MAMÁ!!

 Hoxe levamos os regaliños para mamá que levamos preparando dende a semana pasada no cole. Fixémolos con moita ilusión e imos gardar a sorpresa ata o domingo. De momento soamente podedes ver as bolsas...

Como xa somos moi maiores e temos a sorte de saber moitos idiomas, cada un escolleu en que idioma quixo facelo.









xoves, 4 de maio de 2023

PARABÉNS ZELTIA!!

 Hoxe toca festa na clase de 5 anos!! Zeltia cumpre 6 anos e invitounos a merendar. Moitísimas grazas!!

FELICIDADES ZELTIA!!


xoves, 27 de abril de 2023

PRESENTAMOS O PROXECTO DA CASIÑA!!

Os nenos de 3 e 4  anos rematamos o proxecto da casiña e como actividade final fomos á clase de 5 anos a contarlle aos nosos amigos maiores todo o que aprendemos, ademáis levámoslle unha das casiñas que fixemos de agasallo para que podan xogar con ela. Aprendemos moito e pasámolo xenial!!





martes, 25 de abril de 2023

CHEGARON OS PEIXIÑOS!!

 Na clase de 5 anos estamos traballando no proxecto do Planeta Azul, aprendemos cada día moitas cousas que nos encantan:  xa sabemos porque ao noso planeta lle chaman planeta azul, aprendemos o ciclo da auga, os tipos de auga que hai no planeta, a necesidade da auga para os seres vivos, a importancia de conservar ríos e mares.... e un montón de cousas coas que estamos moi motivados. Levamos uns días preparando o acuario e hoxe por fin chegaron os nosos peixiños!! Temos 4!! Agora toca porlle nome...



venres, 21 de abril de 2023

SEMANA DO LIBRO

 Mañá é o día do libro, no cole de Castrelo conmemoramos esta data durante toda esta semana. A actividade escollida este ano foron os  "apadriñamentos lectores", durante esta semana cada un dos pequen@s de Castrelo tivemos un padriño ou madriña de lectura, que tiña a misión de elexir un conto adaptado á nosa idade e contárnolo durante a semana. Foi unha actividade moi enriquecedora para todos!!