martes, 28 de outubro de 2025

FACEMOS PANTASMAS!


 


O venres fomos á farmacia e entre onte e hoxe os nenos e nenas de infantil estivemos facendo unhas pantasmas terroríficas con gasas... para que as usaremos??




venres, 24 de outubro de 2025

SAÍDA Á FARMACIA!

 

 

Hoxe os nenos e nenas de infantil fomos facer unha pequena excursión á farmacia de Castrelo... Que andaremos a argallar?? Pronto o saberedes...

 

 



venres, 17 de outubro de 2025

OUTONO NO COLE!

 


As nenas e os nenos de 3 e 4 anos levamos máis dun mes traballando ao redor do outono! Esta estación está chea de posibilidades e estivemos a aprender moitísimo! Este é un pequeno resumo... porque agora toca meternos de cheo no Samaín!!

 


 

PARABÉNS IZAN!!

Mañá Izan cumpre 5 anos!! e quixo festexalo hoxe con nós convidándonos a merendar. Parabéns Izan!!



martes, 7 de outubro de 2025

luns, 6 de outubro de 2025

PARABÉNS LARA!!

 

Hoxe Lara cumpliu 4 anos!! 

Celebrámolo todos xuntos cun biscoito moi moi rico! 

Moitisimas felicidades e moitas grazas polo biscoito!!

xoves, 2 de outubro de 2025

SESIÓN DE XOGOS DE MESA!

 


 As pequenas e os pequenos de Castrelo hoxe tivemos unha sesión de xogos xigantes e de mesa! 

Grazas á colaboración da ANPA e de Coeducontando pasamos unha mañá moi divertida, chea de xogos e diversión, moitas grazas!!


 


 Esta actividade está financiada a través das axudas concedidas á ANPA do noso centro pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Igualdade, cos fondos finalistas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.