Hoxe un dos nosos pequenos, xa deixa de ser tan pequeno e celebra o seu último cumple en infantil. Moitísimas grazas a Xabi e a súa familia por compartir unha riquísima merenda con nós.
Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
venres, 31 de maio de 2019
martes, 28 de maio de 2019
OS NOSOS GRADUADOS!!
Na clase dos maiores seguimos preparando todo para despedirnos de infantil como nos merecemos.
Hoxe rematamos os nosos murales e colgámolos no pasillo de infantil, ese polo que pasamos tantas veces ao día para chegar á nosa clase e polo que a partir de setembro xa non será tan habitual vernos..aínda que a profe espera algunha visitiña de vez en cando!!
Hoxe rematamos os nosos murales e colgámolos no pasillo de infantil, ese polo que pasamos tantas veces ao día para chegar á nosa clase e polo que a partir de setembro xa non será tan habitual vernos..aínda que a profe espera algunha visitiña de vez en cando!!
sábado, 25 de maio de 2019
EXCURSIÓN FIN DE CURSO!!
Onte @s nen@s do cole de Castrelo fomos de excursión ao centro de ocio Acougo, para disfrutar dun día de actividades en contacto coa natureza.
Aquí tedes un pequeno resumo en fotos das actividades que fixemos.
xoves, 23 de maio de 2019
ESTREAMOS PORTA!!
Na clase dos maiores estreamos decoración da nosa porta. Aos de 5 anos quédanos un mes en infantil e imos celebralo como se merece, porque somos uns campións!!
xoves, 16 de maio de 2019
EN GALEGO NOSO O MUNDO É!!!
Unha das moitas actividades que fixemos este ano para o día das Letras Galegas foi aprender a canción de Brinca vai: "Meu o mundo é", entre tod@s gravamos o seu video.
Aquí tedes o resultado, como vedes, pasámolo xenial!!:
XINCANA LETRAS GALEGAS
Xa comezamos pola mañá coa feira do libro e de tarde seguimos coas celebracións facendo unha xincana sobre Antón Fraguas, o autor homenaxeado este ano,como fin de festa contamos co son das gaitas en directo!! Mirade que tarde tan divertida pasamos!!
FEIRA DO LIBRO
@s nen@s do cole de Castrelo levamos varios días xuntando eurocastrelos para poder mercar libros na Feira do Libro que celebramos dentro dos actos para conmemorar o dDía das Letras Galegas. Hoxe cos petos cheos de eurocastrelos mercamos moitos libros para levar para a nosa casiña e rematamos a feira dun xeito moi doce: comendo bica!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







