xoves, 31 de outubro de 2019

XINCANA SAMAIN/HALLOWEEN 2019

Onte pola tarde no cole de Castrelo celebramos o Halloween/Samaín como máis nos gusta: tod@s xunt@s. Fixemos unha xincana con diferentes xogos por equipos, onde os máis maiores coidaron e axudaron aos nosos pequenos e no que o máis importante foi o ben que o pasamos e... que descubrimos onde estaban escondidas as chuches!! Deixámosvos un resumo da nosa tarde de Samaín/Halloween!!

martes, 29 de outubro de 2019

PORTAS DE SAMAÍN/HALLOWEEN

Así de terroríficamente chulas deixamos as portas das nosas aulas @s pequenos de Castrelo:

AULA DE 3 ANOS





AULA DE 4 E 5 ANOS





MANUALIDADES SAMAÍN HALLOWEEN

@s peques seguimos facendo manualidades de Samaín/Halloween:

Pantasmas coas nosas mans


Portachuches de gatos negros feitos con platos de cartón


PANTASMAS !!


Aínda que ao principio nos parecían caracois... despois de recortar, picar, pintar... quedáronnos unhas pantasmas moi terroríficas!!