domingo, 30 de setembro de 2018

FLOCOS DE MILLO!!

O primeiro conto de Turi titúlase : "Un dragón na barriga" e aos nen@s de cinco anos gustounos moito, nel o sabio Uxío dalle unhas sementes a Turi e sorpresa!!! Desas sementes saen flocos de millo. Comprobamos que de certo das sementes saen flocos de millo, aínda que nós sempre lle chamamos palomitas e a teacher Bea ensinounos que en inglés lle chaman popcorn!! Aprendemos moito, pasámolo xenial e os flocos de millo encántannos!!

venres, 21 de setembro de 2018

PERIODO DE ADAPTACIÓN SUPERADO CON ÉXITO!!

Hoxe @s nen@s de tres anos remataron o seu periodo de adaptación ao cole e fixérono ademáis con moito éxito!! Mirade cantas cousas fixeron nos seus primeiros días de cole!!

INFANTIL CURSO 2018-2019

Agora  que os de tres anos remataron o periodo de adaptación, xa estamos todos xuntos e hoxe tocou a foto oficial... despois de moitos intentos,risas, algúns despistes... esto foi o que conseguimos..polo menos estamos ordenados por idades..
Estamos tod@s guapisim@s!!

C.E.I.P. PLURILINGÜE DE CASTRELO DO VAL
EDUCACIÓN INFANTIL
CURSO 2018-2019

xoves, 20 de setembro de 2018

OS NOSOS NEN@S DE 3 ANOS!!

Hoxe presentámosvos aos máis peques do cole. Mirade que contentos chegaron o primeiro día.
Están xa rematando o seu período de adaptación con moito éxito, nos vindeiros días mostrarémosvos que ben o pasan!!






xoves, 13 de setembro de 2018

martes, 11 de setembro de 2018

COMEZAMOS O CURSO!!!

Mañá comeza un novo curso escolar, seguro que será moi intenso e viviremos momentos moi emocionantes...
De momento mañá recibimos por primeira vez a un grupo novo de alumnos, que chegan por primeira vez ao ¨cole de maiores¨ , para os demáis será un día de reencontro  cos amigos despois do verán...
Recordade deitarvos pronto hoxe, mañá ás 9:00 temos a reunión de principio de curso coas familias!!
O cole estavos agardando... e este ano con moooitas sorpresas...