martes, 11 de xaneiro de 2022

CHRISTMAS STOCKINGS

Seguimos recollendo regaliños!! Esta vez moi doces de parte de Father Christmas que nos deixou os calcetíns cheos de ricas sorpresas!!




luns, 10 de xaneiro de 2022

OS REIS MAGOS PASARON POR CASTRELO!!

Esta mañá chegamos ao cole con moitas ganas de vernos e nada máis entrar na clase agardábanos unha gran sorpresa: Os Reis Magos pasaron pola nosa clase e deixáronnos moitos regaliños!! Que ilusión!!




martes, 21 de decembro de 2021

FESTIVAL DE NADAL EDUCACIÓN INFANTIL 2021

 Aos pequen@s de Castrelo encántanos o nadal!! Este ano, de novo, vivímolo coas restriccións impostas polo virus, polo que o festival volve ser virtual. Aquí vos deixamos as actuacións de educación infantil, desexándovos unhas felices festas e un próspero 2022!!

3 ANOS



4 ANOS



5 ANOS


Podedes desfrutar do festival de nadal íntegro no blog xeral de educastrelo.com, premendo na seguinte ligazón FESTIVAL DE NADAL 2021

xoves, 16 de decembro de 2021

POSTAIS DE NADAL 4 ANOS

Non soamente traballamos no cole, na casa tamén o facemos, en familia!! Aquí vos deixamos as postais de Nadal da clase de 4 anos, cónstame que van cheas de bos desexos, apoio e moito amor. Moitas grazas familias pola vosa colaboración!!


Este ano, se cabe aínda máis especiais, xa que a través da Asociación Española contra o Cancro, foron dirixidas aos valentes que reciben tratamento no hospital de Verín. 




 


domingo, 12 de decembro de 2021

XA CHEGA O NADAL!!

 Xa está aquí o Nadal  e na clase de 4 anos estamos traballando a pleno rendemento para festexar estas datas tan especiais. Como vos prometemos aquí tedes algunhas das manualidades que fixemos nestes días:

 
Os nosos calcetíns xa agardan colocados, xunto cos do resto de amigos do cole, a que Papá Noel teña en conta o ben que nos portamos!!


martes, 7 de decembro de 2021

PREPARANDO O NADAL!!

 Na clase de  4 anos temos moitas ganas de Nadal, encántannos as manualidades e cada día as facemos con máis paciencia, concentración e precisión. Levamos un par de semanas traballando con moita ilusión. Mirade que ben o facemos:




Estade atentos porque pronto veredes os resultados finais dos nosos adornos navideños!!


venres, 3 de decembro de 2021

3 DE DECEMBRO: "DIFERENTES EN VOO PERO CO MESMO DEREITO A VOAR"


 Hoxe conmémorase o Día Internacional das persoas con discapacidade, como xa sabedes no noso cole, levamos toda a semana facendo diferentes dinámicas nas aulas para tratar este tema.

Como actividade común, en cada aula vimos unha presentación preparada polo Equipo de Orientación na que a través das diferentes bolboretas vimos as múltiples capacidades que podemos ter cada un. 

Aos nen@s de 4 anos encantounos!! Agora entendemos que todos temos algo que nos custa moito facer e algo que nos encanta facer!!. Porque tod@s somos: DIFERENTES EN VOO PERO CO MESMO DEREITO A VOAR.

Despois escribimos nunha bolboreta algo que nos encanta facer e decoramos a bolboreta de múltiples cores!





As nosas bolboretas quedaron así de preciosas: