venres, 13 de maio de 2022

EXCURSIÓN INFANTIL 2022

 

Onte @s pequen@s de Castrelo ao completo fomos de excursión!! Despois de moito tempo volvemos a facer unha saída en bus e disfrutámola moitísmo!! Visitamos Lodoselo (CDR O Viso), onde aprendemos a facer pan en forno de leña e demos un paseo en burra! Despois visitamos a fábrica de patacas fritas Jaly´s en Xinzo de Limia, onde vimos de primeira man o proceso de lavado, pelado, fritura e  empaquetado das deliciosas patacas fritas Jaly´s. Temos que agradecer a todo o persoal de Jaly´s e en especial a Pablo, pola súa acollida, a paciencia demostrada e o cariño co que nos trataron. Foi unha experiencia inesquecible. Dende agora as Jaly´s estarán sempre nas nosas festas!!

A continuación deixámosvos uns vídeos resumo por clase,  nos que veredes que ben  o pasamos !!

3 ANOS

4 ANOS

5 ANOS




mércores, 11 de maio de 2022

CONTACONTOS

 Hoxe os pequen@s de infantil e os nen@s de 1º e 2º de primaria disfrutamos dunha sesión de contacontos en galego, a cargo de Sabela Gago. Pasámolo en grande e comezamos así  coas diferentes  actividades para conmemorar as letras galegas.







 

 

PARABÉNS IRIS!!

 Hoxe Iris está de cumple e para festexalo convidounos a merendar unhas ricas rosquillas que fixo co seu papá. Moitísimas grazas por compartilo con nós. PARABÉNS PRINCESA!!



mércores, 4 de maio de 2022

PARABÉNS ZELTIA!!

 Hoxe na clase de 4 anos festexamos que Zeltia se fixo un pouquiño máis maior, xa van 5!!! Moitas grazas por convidarnos a merendar!! motisímas felicidades princesa!!



domingo, 1 de maio de 2022

FELIZ DÍA MAMÁS

 Seguro foi un día xenial e segurísimo que ás mamás lle encantaron os regaliños que prepararon os peques con toda a paciencia e o amor do mundo. En cada letra, en cada pegada, e en cada boliña hai moito cariño e ilusión  porque : MAMÁS QUERÉMOSVOS CADA DÍA E PARA SEMPRE!!




venres, 29 de abril de 2022

MEU AMOR

 

Aproveitando o día da nai traballamos o conto: "Mi amor" da editorial Kokinos. Gustounos moito e  serviunos de inspiración  para facer o noso regalo do día da nai. Traballamos moito e con moita ilusión, a mesma coa que imos aguantar ata o domingo para entregar os regaliños ás nosas mamás. Hoxe pedímoslle que vexan con nós o conto


luns, 25 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO: OS NOSOS CONTOS PREFERIDOS

 O pasado sábado foi o día do libro, no cole de Castrelo, decidimos conmemorar esta data tan importante escollendo o libro/conto preferido de cada unha das aulas e replicando a súa portada con diferentes técnicas plásticas. Aquí tedes os contos preferidos dos nen@s de infantil


3 ANOS: O conto preferido dos nen@s de 3 anos é : "Monstruo Rosa", de Olga de Dios. Editorial Apila





4 ANOS: Os nen@s de 4 anos escolleron un conto que lles encanta e que sempre contamos en galego ou castelán, polo que esta vez traballámolo en inglés, coa axuda da teacher: "The very hungry caterpillar". de Eric Carlé. Editorial Kokinos.

 

5 ANOS: Na clase de 5 anos escolleron o conto: " O peixe arco da vella" de Marcus Pfister. Editorial Kalandraka.