xoves, 9 de febreiro de 2023

PARABÉNS MARCO E IZAN!!

 Febreiro é un mes moi festeiro na clase de 5 anos, hoxe festexamos o cumple de Marco e Izan, xa van 6!! Grazas pola merenda. PARABÉNS IZAN E MARCO!!




venres, 3 de febreiro de 2023

PARABÉNS COMPIS!!

 Onte os nosos compañeiros de 2º a 6º de primaria participaron no campionato comarcal de campo a través en Tintores, xunto co resto de colexios da comarca. Pasárono xenial, correron moito e trouxeron premios!!

Irea de 3º de primaria e Nerea de 2º de primaria quedaron segunda e terceira respectivamente, conseguindo medallas!! Parabéns campionas!!

As chicas de segundo e terceiro de primaria conseguiron facerse coa victoria, quedando capionas por equipos na categoría Benxamín Feminino. Parabéns rapazas!!
Ademáis Hugo e Ainara de 5º de primaria quedaron de 4º e 8º respectivamente na categoría Alevín.


O vindeiro sábado 11 de febreiro todos representarán ao noso cole na Rúa, no campionato provincial. Sorte e desfrutade moito campións!!


PARABÉNS HUGO!!!

 Hoxe o noso amigo Hugo, convertiuse casi nun chico de primaria!! Xa cumpriu 6 aniños! Para festexalo axudoulle a mamá a facer  unhas ricas madalenas para invitarnos a merendar. Moitas grazas! PARABÉNS HUGO!!



xoves, 2 de febreiro de 2023

"TODOS CONTRA O CANCRO"

 Hoxe @s pequen@s de Castrelo sumámonos , xunto co resto do cole, aos actos do Día Mundial contra o cancro organizados pola AECC. TODOS CONTRA O CANCRO!!!



luns, 30 de xaneiro de 2023

DÍA DA PAZ

Hoxe festexamos o Día da Paz con actividades conxuntas co resto do cole. Durante a semana pasada, cada un de nós estampou a súa man coa súa cor favorita nun mural e escribiu unha palabra en inglés, galego e ou castelán. Entre todos fixemos  "un mundo de cores".

 Ademáis o profe Julián nas clases de música da semana pasada ensinounos unha canción moi bonita "A peor xogada". Hoxe cantámola todos xuntos!!



luns, 16 de xaneiro de 2023

VISITA MOI ESPECIAL!!

 Hoxe @s nen@s de infantil tivemos unha sorpresa!! Visitaronnos no cole as nosas mascotas: Curtis, Candy e Cora!!! Pasámolo xenial !! Grazas pola visita.











martes, 10 de xaneiro de 2023

GRAZAS REIS MAGOS!!

 


Na clase de 5 anos comezamos o trimestre con moita ilusión, xa que o primeiro día agardábanos unha sorpresa: os Reis Magos pasaron pola nosa clase e deixaron moitos regaliños...