luns, 16 de decembro de 2024

Excursión ao museo de Castrelo!

 


Hoxe os nenos e nenas de 4 e 5 anos tivemos unha sorpresa moi grande no cole!

Aproveitando o proxecto dos inventos que estamos a traballar os maiores, tivemos a oportunidade de visitar o museo que temos no noso concello de Castrelo! 

Grazas a Ramón, puidemos descubrir moitísimos obxectos e inventos antigos que se conservan da nosa contorna, aprendemos un montón! 




venres, 13 de decembro de 2024

Xa temos as postais de Nadal!

 



As nenas e os nenos de Infantil, xunto coas nosas familias, xa trouxemos as postais de Nadal para enviar á asociación contra o Cancro e enviar un pouquiño de agarimo nestas datas sinaladas. 

Esperamos que vos gusten!
















xoves, 12 de decembro de 2024

PARABÉNS PAULA!

 



Hoxe celebramos na aula os 4 anos de Paula Hervella. Tróuxonos unha tarta que estaba boísima! 

PARABÉNS PAULA!!






venres, 6 de decembro de 2024

CHEGOU O NADAL ÁS AULAS DE INFANTIL!!

 Fai días que nas aulas de infantil andamos moi emocionados cos ensaios para o festival, as mensaxes personalizadas que Papá Noel lle deixa cada día aos encargados, a visita dos elfos para deixar a chocolatina e as primeiras manualidades de Nadal. Por fin esta semana decoramos as portas das nosas clases cunhas coroas de nadal nas que traballamos moito! Mirade que navideñas nos quedaron




SR. PÉREZ!


 Na clase de 4 e 5 xa somos tan maiores que a algúns xa se nos empezaron a caeer os primeiros dentes e xa recibimos a visita do Ratiño Pérez! Por iso fixemos estes ratiños gardadentes para deixarlle ao Señor Pérez os nosos dentes...











1

mércores, 4 de decembro de 2024

DÍA DA DISCAPACIDADE

 Onte conmemoramos o Día da discapacidade. Primeiro vimos a seguinte curta:



Despois cada clase elexiu unha palabra a partir do debate que xurdiu despois do visionado da curta. Na clase de 3 anos elexiron a palabra: AMIGO  e na clase de 4 e 5 anos a palabra elexida foi  AMOR.
Coas palabras de todas as aulas do cole fixemos este precioso ourizo








domingo, 1 de decembro de 2024

REALIDADE VIRTUAL

 

Na clase de 4 e 5 anos estamos traballando sobre os inventos. O venres experimentamos as sensacións coas gafas de realidade virtual, visitando unha das obras de arte que traballamos neste trimestre:
 A habitación de Van Gogh. Grazas á realidade virtual tivemos a oportunidade de pasearnos pola habitación do pintor en Arlés. Foi unha experiencia única!