Non hai mellor forma de acabar o ano que cunha boa merenda!
Para iso, todos os nenos e nenas de infantil puxémonos de acordo para facer unha sabrosa receita: árbores de masa follada e crema de cacao!
Quedáronnos boísimos!!
Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
Non hai mellor forma de acabar o ano que cunha boa merenda!
Para iso, todos os nenos e nenas de infantil puxémonos de acordo para facer unha sabrosa receita: árbores de masa follada e crema de cacao!
Quedáronnos boísimos!!
Hoxe pasou polo noso cole Kelly, da Asociación Española contra o Cancro, para recoller as postais que fixemos coa axuda das nosas familias. Un nen@ de cada aula fixo entrega das postais. Agardamos que se cumplan os bos desexos e toda a enerxía positiva que lles enviamos aos enfermos. GRAZAS UN ANO MÁIS POLA COLABORACIÓN!!
![]() |
Javi entrega as postais de 3 anos |
![]() |
Leo entrega as postais de 4 e 5 anos |
![]() |
Álvaro entrega as postais de 1º de primaria |
![]() |
Noa entrega as postais de 2º de primaria |
![]() |
Anxo entrega as postais de 3º de primaria |
![]() |
Sofía entrega as postais de 4º de primaria |
![]() |
Sara e Xiana entregan as postais de 5º e 6º de primaria |
Hoxe os nenos e nenas de 4 e 5 anos tivemos unha sorpresa moi grande no cole!
Aproveitando o proxecto dos inventos que estamos a traballar os maiores, tivemos a oportunidade de visitar o museo que temos no noso concello de Castrelo!
Grazas a Ramón, puidemos descubrir moitísimos obxectos e inventos antigos que se conservan da nosa contorna, aprendemos un montón!
Hoxe celebramos na aula os 4 anos de Paula Hervella. Tróuxonos unha tarta que estaba boísima!
PARABÉNS PAULA!!
Fai días que nas aulas de infantil andamos moi emocionados cos ensaios para o festival, as mensaxes personalizadas que Papá Noel lle deixa cada día aos encargados, a visita dos elfos para deixar a chocolatina e as primeiras manualidades de Nadal. Por fin esta semana decoramos as portas das nosas clases cunhas coroas de nadal nas que traballamos moito! Mirade que navideñas nos quedaron
1
Onte conmemoramos o Día da discapacidade. Primeiro vimos a seguinte curta: