venres, 28 de febreiro de 2025

DESFILE INFANTIL 2025

 


Despois de semanas  de moito traballo, onte desfilamos en Verín. Foi unha mañá moi divertida, pasámolo tan ben que nos esquecemos de quitar boas fotos, seguro que vós as teredes mellores! pero quedanos o recordo do ben que o pasamos!!




mércores, 26 de febreiro de 2025

COCIÑAMOS ROSQUILLAS

 



E como non podíamos parar de preparar cousas do Entroido, hoxe tocou cociñar! 

Os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos, puxémonos mans á obra e saíronos unhas rosquillas ao forno ben redondiñas!! 



MANUALIDADES DO ENTROIDO

 



Nas clases de 3 e 4 anos estivemos traballando moito estes días de Entroido! Fixemos un montón de manualidades!

Os nenos e nenas da clase e 3 anos fixeron unhas máscaras de cigarrón e uns paiasos coas súas mans!



A clase de 4 e 5 anos decantámonos por uns antifaces! Non se nos recoñecía!






 

DÍA DE ROSALÍA

 


O martes celebramos o día de Rosalía, que cuadrou a domingo (23 de febreiro). Para coñecer máis sobre esta muller tan relevante na nosa vida, estivemos cantando unha canción moi pegadiza!!

Tamén, conxuntamente con todo o centro, fixemos un crebacabezas coa súa cara, na que cada nivel pintou unha parte dunha cor diferente, quedou guapísima!













 

SEGUIMOS COAS MANDAS DE AMANDA!

 


 O martes Amanda ordenou traer algo entroideiro nos pés!! E nós somos moi obedientes... 

 

 



Hoxe por fin puidemos vir cos nosos disfraces da casa, íamos impresionantes!! 




Mañá xa é o desfile!! Que nervios!!

luns, 24 de febreiro de 2025

COMEZAN AS MANDAS DE AMANDA!

 



Seguimos co Entroido! 

Hoxe luns, comezaron as ordes de "Amanda a que manda" quen nos dixo que hoxe tocaba levar algo na cabeza... e como na clase dos maiores non paramos de estudar, e as nenas e os nenos de 4 anos están a investigar sobre o antigo Exipto, na clase de 4 e 5 fixemos unhas diademas exipcias!!

Quedaron chulísimas!


Recordade que mañá, ademáis de algo aentroideiro na cabeza tamén debedes levar algo entroideiro nos pés!!!

xoves, 20 de febreiro de 2025

COMPADRES E COMADRES!

 



No cole celebramos compadres e comadres!!

As nenas e os nenos de todo o cole estivemos a facer os nosos compadres e comadres, para, a última hora da tarde, por grupos, correr as comadres e os compadres xa que o xoves que vén temos o noso desfile!!

Todos acabaron no lume!!

DAMOS POR COMEZADO O ENTROIDO!




venres, 14 de febreiro de 2025

SAN VALENTÍN!

 


Ao longo desta semana en Infantil estivemos traballando ao redor do amor! 

Fixemos manualidades, lemos contos, explicamos que é para nós o amor, o respecto, a amizade... 






E para rematar a semana, entre todos e todas fixemos un delicioso biscoito con forma de corazón! 

Estaba boíííísimo!







mércores, 5 de febreiro de 2025

Teatro "Las tareas del hogar entre todas y todos"

 



Hoxe no cole tivemos outra sorpresa!! 

O alumnado de Infantil e ata 3º de Primaria desfrutamos, dende a fundación Abanca, da obra de teatro "Las tareas del hogar entre todas y todos", na que se facía fincapé na importancia de colaborar no día a día na casa, de forma moi divertida! Pasámolo xenial!

O alumnado de 4º, 5º, 6º tiveron un obradoiro de percursión!