mércores, 25 de outubro de 2017

DE COMPRAS NA FARMACIA...

Un curso máis, non podía faltar unha das nosas visitas preferidas e sobre todo agora que en Castrelo temos unha farmacia renovadísima.
Comezamos esta semana facendo a compra para repor cousiñas que nos faltaban no botiquín e coller varias caixas de vendas para facer unha manualidade..
A ver se adiviñades de que se trata??... Pronto veredes o resultado..

FARAMACIA (OUTUBRO 2017) by Slidely Photo Gallery

Moitas grazas ás farmacéuticas que nos recibiron cunha piruleta. Prometemos volver pronto...

ARAÑAS!!

A semana pasada pedímoslles aos nen@s de tres anos unhas medias negras para facer unha manualidade, disfrutamos moito recheándoas de guata... e  quedounos mooooi fea a terrorífica!!


Non vos asustedes se vides visitarnos pois as arañas xa lucen na porta da nosa clase...




ACHÉGASE O SAMAÍN!!!

Xa falta moi pouquiño para o Samaín ou Halloween e nós xa temos as portas das aulas de infantil moi ben decoradas para festexar este día tan terroríiifico!!
A que nos quedaron bonitas!!


domingo, 8 de outubro de 2017

FACEMOS GALLETAS

Comezamos a primeira semana de outubro dun xeito mooi doce: facendo galletas. Pasámolo xenial facéndoas e quedáronnos riquísimas!!

GALLETAS by Slidely Slideshow

sábado, 16 de setembro de 2017

BENVIDOS AO COLE!!!

Esta semana foi moi especial para o grupo de nen@s de tres anos, xa que se incorporaron ao noso cole por primeira vez...

C.E.I..P CASTRELO DO VAL CASTRELO DO VAL de Slidely by Slidely Slideshow

domingo, 10 de setembro de 2017

PERIODO DE ADAPTACIÓN PARA ALUMNOS DE 3 ANOS

Mañá comeza un novo curso escolar que será o primeiro para o grupo de alumn@s de 3 anos, para que a súa adaptación ao cole se faga da mellor  forma posible, imos facela de xeito gradual, tal e como marca a lei, polo que a continuación tedes o horario que deben seguir durante os primeiros días os alumn@s de 3 anos:

LUNS 11
Presentación  e Reunión de pais/nais (os alumnos marcharán cos seus pais/nais ao rematar a reunión)
MARTES 12
De 9:00 a 10:00
MÉRCORES 13
De 9:00 a 10:30
XOVES 14
De 9:00 a 11:00
VENRES 15
De 9:00 a 11:00
LUNS 18
De 9:00 a 12:00
MARTES 19
De 9:00 a 12:00
MÉRCORES 20
De 9:00 a 13:15
XOVES 21
De 9:00 a 13:15
VENRES 22
De 9:00  a 13:15

A partir do luns 25 xa farán a xornada completa, é decir, de 9:00 a 14:15, será o primeiro día que fagan uso do comedor escolar.

Lembrade que a partir do mes de Outubro o horario será de 9:30 a 16:00

LIBROS DE INGLÉS

Hai uns pequenos cambios na lista de libros de inglés para infantil, en lugar de Playschool son Playtime, de forma que quedarían da seguinte forma:

  • 3 ANOS
          Playtime Starter. Editorial Oxford.
  • 4 ANOS
          Playtime A. Editorial Oxford.
  • 5 ANOS
          Playtime B. Editorial Oxford.