Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
venres, 20 de novembro de 2020
XOGAMOS E APRENDEMOS NA MESA DE LUZ
luns, 16 de novembro de 2020
PARABÉNS NOA!!
Hoxe na clase de 3 anos estamos de festa!! Noa cumpriu 3 aniños e quixo celebralo con tod@s os seus amig@s no cole. Grazas pola merenda!! PARABÉNS NOA!!
mércores, 11 de novembro de 2020
MAGOSTO 2020- 3 ANOS
Hoxe festexamos o magosto!! Foi moi diferente ao de outros anos...pero como para nós é o primeiro no cole, pasámolo xenial!
Merendamos no patio de picnic e asamos as castañas. Que boas estaban!!
xoves, 5 de novembro de 2020
sábado, 31 de outubro de 2020
HALLOWEEN/SAMAÍN 3 ANOS 2020
@s nen@s da case de 3 anos queremos desexarvos HAPPY HALLOWEEN / FELIZ SAMAÍN!! Nós festexámolo onte e pasámolo xenial!! Tivemos un día moi especial: viñemos disfrazados, preparamos unha merenda terrorífica, vimos a actuación das nenas de 5º de primaria coas que compartimos quenda de recreo e de premio chuches!!
venres, 30 de outubro de 2020
TRABALLAMOS HALLOWEEN-SAMAIN
Esta semana, traballamos o Halloween/Samaín. Fixemos manualidades, traballamos vocabulario en galego e inglés, vimos contos, cancións... foi unha semana moi terrorífica!!
xoves, 29 de outubro de 2020
PANTASMAS 3 ANOS!!
Mañá celebramos Halloween/Samaín no cole, aínda que dunha forma moi diferente a outros anos, non podíamos deixar pasar unha das festas que máis lles gusta aos nos@s pequen@s. Comezamos xa a semana pasada coa colaboración das familias, hoxe vos deixamos o traballo d@s peques na casa, decorando as súas pantasmas. Moitísimas grazas a todas as familias pola vosa colaboración!!






