venres, 6 de decembro de 2024

SR. PÉREZ!


 Na clase de 4 e 5 xa somos tan maiores que a algúns xa se nos empezaron a caeer os primeiros dentes e xa recibimos a visita do Ratiño Pérez! Por iso fixemos estes ratiños gardadentes para deixarlle ao Señor Pérez os nosos dentes...











1

mércores, 4 de decembro de 2024

DÍA DA DISCAPACIDADE

 Onte conmemoramos o Día da discapacidade. Primeiro vimos a seguinte curta:



Despois cada clase elexiu unha palabra a partir do debate que xurdiu despois do visionado da curta. Na clase de 3 anos elexiron a palabra: AMIGO  e na clase de 4 e 5 anos a palabra elexida foi  AMOR.
Coas palabras de todas as aulas do cole fixemos este precioso ourizo








domingo, 1 de decembro de 2024

REALIDADE VIRTUAL

 

Na clase de 4 e 5 anos estamos traballando sobre os inventos. O venres experimentamos as sensacións coas gafas de realidade virtual, visitando unha das obras de arte que traballamos neste trimestre:
 A habitación de Van Gogh. Grazas á realidade virtual tivemos a oportunidade de pasearnos pola habitación do pintor en Arlés. Foi unha experiencia única!



luns, 25 de novembro de 2024

25 N (3 ANOS)




CELEBARACIÓN DO 25N





Hoxe pintamos unha árbore con follas especiais por o 25 N, en contra da violencia machista.


FELIZ CUMPLE ENZO LÓPEZ!!



FELICIDADES ENZO LÓPEZ



 Hoxe celebramos o cumple dos 3 anos de Enzo López con un rico biscoito. 

Moitisimas felicidades!!!

CONMEMORAMOS O 25 N

 

Hoxe as nenas e os nenos de 4 e 5 anos estivemos a traballar ao redor da conmemoración do 25N (Día Internacional contra a Violencia de Xénero).

Para iso, comezamos a mañá contando o conto de Arturo e Clementina que podedes visualizar aquí:

Tamén fixemos uns debuxos sobre o conto:

 

Para rematar, entre todo o centro fixemos a "árbore do respecto" onde as raíces son as palabras que favorecen o crecemento da árbore e as nosas mans violetas, son as follas.

Aquí vos deixamos o vídeo de todo o proceso!




venres, 22 de novembro de 2024

VOAMOS UN DRON!!

 

Os nenos de 5 anos estamos traballando sobre os inventos. Hoxe aproveitamos que a profe Cris trouxo un dron para aprender para que sirve, as partes que ten, e ata puidemos manexalo un pouquiño!!