C.E.I..P CASTRELO DO VAL CASTRELO DO VAL de Slidely by Slidely Slideshow
Moitas grazas unha vez máis a todas as familias de infantil por participar no intercambio de postais que organiza o centro. BO NADAL!!Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
mércores, 20 de decembro de 2017
BO NADAL!!
Os nen@s de infantil desexámosvos felices festas coas postais que fixemos coa axuda das nosas familias
xoves, 14 de decembro de 2017
BAILAR E PINTAR
Hoxe na clase de psicomotricidade traballamos a creatividade, a profe Patri púxonos música e tiñamos que que PINTAR E BAILAR... e vendo o resultado, somos uns artistas!!
Mirade que ben o pasamos, moitas grazas profe Patri, tí si que eres unha super artista.
AS NOSAS PORTAS DE NADAL
Xa fai tempo que temos decoradas as nosas portas de nadal, pero como andamos moi apurados cos ensaios da función e coas manualidades, aínda non nos dera tempo a ensinárvolas
Agardamos que vos gusten moito
AULA DE 3 ANOS
AULA DE 4 E 5 ANOS
Agardamos que vos gusten moito
AULA DE 3 ANOS
AULA DE 4 E 5 ANOS
mércores, 6 de decembro de 2017
XORNADA DE FESTA NO COLE !!
Onte foi un día moi especial e sobre todo moi diferente no cole.
Pola mañá fomos a Verín ao auditorio para disfrutar da xornada para escolares dentro do Festival Internacional de Curtas Vía XIV
http://ficviaxiv.com/
Para os máis pequenos foi ademáis a primeira saída do cole en autobús. Pasámolo moi ben e portamonos xenial!!
Pola mañá fomos a Verín ao auditorio para disfrutar da xornada para escolares dentro do Festival Internacional de Curtas Vía XIV
http://ficviaxiv.com/
Para os máis pequenos foi ademáis a primeira saída do cole en autobús. Pasámolo moi ben e portamonos xenial!!
Xa pola tarde, no cole conmemoramos o Día Internacional das persoas con discapacidade, que se celebrou o día 3 de decembro e nós nas aulas xa o estabamos traballando durante toda a semana con actividades adaptadas aos diferntes niveis.
En infantil traballamos este tema a través do conto de Elmer, o famoso elefante multicolor, en torno ao cal fixemos diferentes actividades, podedes ver o video clicando no seguinte enlace:
Despois entre todos fixemos este mural, no que cada un de nós aportou o seu corazón, porque a maior discapacidade é non ter corazón, na nosa escola cabemos todos e todos temos un gran corazón.
venres, 24 de novembro de 2017
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VOLENCIA DE XÉNERO.
Hoxe celébrase o "Día Internacional contra a Violencia de Xénero" e no noso cole,ademáis de traballalo nas aulas durante a mañá, pola tarde xuntámonos e entre todos fixemos este mural.
xoves, 23 de novembro de 2017
MEDUSAS
Os nenos de 4 e 5 anos levan xa un tempo investigando e aprendendo cun proxecto sobre o mar.
Mirade que medusas máis bonitas fixeron con calcetíns
Mirade que medusas máis bonitas fixeron con calcetíns
RECUNCHOS DE OUTONO
Levamos varias semanas traballando os froitos de outono nas duas aulas, probandoos ,vendo as características de cada, escribindo os seus nomes...
Temos un recuncho en cada clase adicado aos froitos de outono:
Moitas grazas a todas as familias pola súa colaboración.
Temos un recuncho en cada clase adicado aos froitos de outono:
Moitas grazas a todas as familias pola súa colaboración.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







