Levamos xa case dúas semanas participando nunha actividade de centro moi especial: facer o camiño de Santiago virtual. Cada día os encargados de cada clase poñen un reloxo que conta os pasos e kilómetros que fai ao longo da xornada. Ímos sumando os kilómetros de todas as clases e xa ímos en Dozón!! Quédanos moi pouquiño para chegar a Santiago...
Neste blogue queremos compartir algunhas das moitas aventuras e experiencias que vivimos cada día os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández, de Castrelo do Val na provincia de Ourense
xoves, 27 de marzo de 2025
luns, 24 de marzo de 2025
Parabéns Manuel!!!
Onte Manuel cumpriu 4 anos e hoxe quixo celebralo con todos e todas traendo un rico biscoito con chocolate. Moitos Parabéns Manuel!!!
venres, 21 de marzo de 2025
CONMEMORAMOS O DÍA DO SÍNDROME DE DOWN
xoves, 20 de marzo de 2025
O AMOR EN INFANTIL
Fai unhas semanas que Pizca, Brisa e Motas, as nosas macotas andan de visita polas nosas casas, para traballar as diferentes emocións. A raíz de San Valentín, comezamos a traballar o AMOR!!
Aquí tedes as nosas fotos representando o AMOR!!
mércores, 19 de marzo de 2025
FELICIDADES A TODOS OS PAPIS
Así de contentos marchamos hoxe para casa os pequen@s de Castrelo, cos regaliños para os nosos papás
Queremos felicitar a todos os papás do mundo, sobre todo, aos nosos!
venres, 14 de marzo de 2025
CONTACONTOS IGUALDADE
Gustounos moito o conto e pasámolo xenial!
mércores, 12 de marzo de 2025
Parabéns Javier!!!!!
Hoxe o noso compañeiro Javier cumpre 4 anos e para celebralo convidounos a un delicioso biscoito de chocolate. Moitas gracias e moitos parabéns Javier!!
venres, 7 de marzo de 2025
CONMEMORAMOS O 8 DE MARZO
Hoxe conmemoramos o Día da Muller nas aulas de infantil.
Na clase de 3 anos debuxaron á muller máis importante da súa vida
PARABÉNS PALOMA!
Tróuxonos unha deliciosa tortilla e unha tarta para compartir con todos/as nós!